Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Convención Nacional do Partido Popular en Madrid: Manuel Baltar: “Imos falar do noso proxecto, da seriedade coa que facemos as cousas, pero, sobre todo, escoitar á sociedade”

Imprimir ppou - 17-Xaneiro-2019 - 17:21:30 


• Unha ampla delegación composta por preto de cincuenta persoas representará ao Partido Popular de Ourense no encontro nacional que desde mañá e ata o domingo celebrará o PP en Madrid. 

17, xaneiro, 2019.

“Ningún outro partido é quen de facer un encontro de tres días para falar do seu proxecto, da seriedade coa que fai as cousas o Partido Popular pero, sobre todo, escoitar á sociedade convocando a especialistas nos máis diversos campos”. O presidente provincial do PP, Manuel Baltar, valorou así a Convención Nacional do Partido Popular que desde mañá venres e ata o domingo vaise celebrar en Madrid. Unha cita na que Ourense estará representada por unha delegación de preto de medio cento de persoas, entre cargos da formación, representantes institucionais e militantes.

Manuel Baltar sostén que esta convención ten que servir “para transmitir á xente a ilusión e a responsabilidade coa que traballa un partido cunha inequívoca vocación de goberno, fiel ao seu ideario, pero tamén consciente de que compre escoitar o que nos din os cidadáns”. O encontro, engadiu, deberá sentar as bases para “futuras etapas nas que estou convencido de que voltaremos a dirixir este país, fronte ao desastre no que está instalada a Moncloa e do que temos un pésimo exemplo nos orzamentos do Estado, coas peores cifras para Galicia nos últimos 17 anos”. 

O presidente provincial afirma que chegou o momento de “dicir alto e claro que non se pode gobernar a calquera prezo, manténdose no goberno co apoio de partidos que queren rachar co Estado”.
Economía, medio rural, medio ambiente, educación, benestar social, sostenibilidade ou violencia de xénero son algún dos moitos temas que nestes tres días se abordarán na convención nacional popular, coa participación de expertos que non están necesiariamente en primeira liña política, destacou Baltar, que tamén destaca a presenza de representantes do Partido Popular europeo e de persoeiros tan importantes na historia do partido como Mariano Rajoy.

Manuel Baltar sinalou ademais a importancia dunha cita “na que teremos a oportunidade de saudar o novo liderado de Pablo Casado, que neste tempo formalizou un cambio de ciclo e de dirección que ten en Andalucía o seu primeiro exemplo cun cambio histórico de goberno”.
 

MILITANTES E CARGOS POLÍTICOS E INSTITUCIONAIS

Encabezada polo presidente provincial, a delegación ourensá na convención popular estará composta por preto de cincuenta persoas. Ademais de militantes, a lista de representantes do PP de Ourense complétase cos membros natos, como son os parlamentarios autonómicos, deputados no Congreso, senadores, o presidente provincial de Novas Xeracións e os alcaldes e portavoces na oposición das poboacións de máis de 10.000 habitantes, así como tamén dúas persoas máis do PP ourensán que representan ao partido desde Madrid.

A convención nacional do Partido Popular é un órgano de natureza consultiva e ten como obxectivo avaliar, analizar e orientar as estratexias e políticas da organización. Como norma xeral celébrase todos os anos, agás cando coincide coa celebración do congreso xeral. Esta convocatoria, non obstante, é unha excepción xa que o PP celebrou en xullo pasado un congreso extraordinario para a elección dun novo presidente.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: