Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Eleccións Locais 2019: Manuel Garrido toma o relevo á fronte da lista do Partido Popular no Concello da Merca

Imprimir ppou - 16-Xaneiro-2019 - 14:32:29 


• “O candidato é unha aposta gañadora que asume con ilusión este reto, substituíndo a Manuel Velo, a quen temos que agradecerlle o seu facer político premiado elección tras elección coa confianza nas urnas, dixo o presidente provincial, Manuel Baltar

16, xaneiro, 2019.

José Manuel Garrido Sampedro (A Merca, 1957) será o número uno da lista que o Partido Popular presentará á alcaldía da Merca, tomando así o relevo de Manuel Velo, que da un paso ao lado logo de máis de trinta anos na vida política municipal. Un candidato experimentado e coñecedor da administración local que “de seguro seirá elixido como alcalde nas urnas co apoio maioritario dos veciños”, manifestou o presidente provincial do PP, Manuel Baltar.


  
  
Manuel Garrido decidiu dar un paso adiante  “trala retirada do actual alcalde e, logo de vinte anos na política local, considero que é todo un orgullo chegar a este momento optando á alcaldía”. Garrido entende que, pese aos novos proxectos e melloras que se leven a cabo, “o feito ata o de agora é un bo exemplo de xestión e continuaremos nesa liña”.

“Compacto e fiel” son os dous cualificativos que sen dubidarlo utiliza o candidato para falar do actual equipo de goberno e que, aínda con algunha nova incorporación, seguirá na súa práctica totalidade. O candidato agarda seguir a contar co apoio maioritario da veciñanza, “aínda que non cabe o conformismo polo que imos tratar de amplialo”. 

O actual alcalde da Merca, Manuel Velo, subliñou a unanimidade que houbo na elección de Garrido como cabeza de lista, decisión na que se tivo en conta a súa gran experiencia na política municipal. 

Para Velo chegou o momento do relevo “porque despois de tantos anos na vida municipal, desde 1983 e os últimos 16 anos como alcalde, penso que é hora de cambiar e deixar paso a otra xente, ademais con moita experiencia”.
Esa experiencia na administración local tamén foi moi valorada polo presidente provincial popular, Manuel Baltar, “pois non esquezamos que leva varias lexislaturas formando parte dun equipo de goberno sempre invicto electoralmente”.

Baltar subliñou a ilusión coa que o candidato asume este reto “substituíndo a Manuel Velo, a quen temos que agradecerlle desde a dirección do partido a súa dedicación, compromiso e victorias electorais, en definitiva o seu facer político premiado elección tras elección coa confianza dos veciños e das veciñas da Merca”.

Sobre o candidato, Baltar afirmou que é “unha aposta gañadora, cun equipo preparado para afrontar un mandato cheo de éxitos na xestión e unha candidatura que de seguro será ratificada polos electores”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: