Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 O PP anuncia unha contundente iniciativa política fronte ao agravio de Ourense nos orzamentos do Estado para 2019

Imprimir ppou - 15-Xaneiro-2019 - 14:18:32 


• Deputados e senadores cualifican o proxecto económico de engano e discriminación para Ourense “fronte á priorización de investimentos cara outros territorios como Cataluña, para pagar a peaxe do apoio independentista ao goberno socialista”.

• Os investimentos en estradas, denunciaron, son unha absoluta decepción, poñen en risco proxectos como o bulevar termal ao destinar cero euros á variante norte e amosan unha nula vontade de continuar os investimentos en Valdeorras.

15, xaneiro, 2019.

Agravio, engano e discriminación de Ourense fronte á priorización de investimentos cara outros territorios como Cataluña, para pagar a peaxe do apoio independentista ao goberno socialista. Así valoraron hoxe os representantes populares ourensáns no Congreso e no Senado o proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2019, documento contra o que anunciaron unha contundente iniciativa política para corrixir os enomes desequilibios que xeraría na provincia a súa aplicación, dun xeito moi especial en estradas.

Os deputados Miguel Ángel Viso, Celso Delgado e Ana Belén Vázquez, xunto a Carmen Leyte, Francisco Fernández, Avelino García e Juan Manuel Jiménez polo Senado, rexeitaron unhas contas que prexudican a Galicia no seu conxunto e a Ourense en particular para primar os únicos intereses partidistas do goberno de Pedro Sánchez.

  
  
Celso Delgado amosou a súa total decepción cos estes orzamentos, que pasan de 414 millóns no pasado ano a 295 millóns de euros. Mentres que no AVE séguese a previsión de ADIF Alta Velocidade, “en materia de estradas a sorpresa foi maiscúla e non é de recibo o que está a pasar”, dixo o deputado concretando a súa análise en Ourense.

“Como é posible que a circunvalanción norte de Ourense (Eirasvedras-Quintela) de 1,7 quilómetros, cunha partida en 2018 de 2,5 millóns de euros e que tiña que estar licitada o pasado ano reciba agora cero euros”, preguntouse Delgado, para quen se estivo a xogar cos intereses de Ourense ao falar en setembro dunha auditoría de seguridade vial, “da que nunca se dixo nada”, e hai escasos días prometendo ao alcalde Jesús Vázquez que este proxecto seguiría os seus pasos en 2019. Este investimento, apuntou o deputado, “é o máis necesario para o desenvolvemento económico desta cidade, xa que se queremos facer o bulevar termal precisamos executar este tramo para deixar libre a N-120”. 

Celso Delgado denunciou a falta de compromiso coa autovía A-76 entre Ourense e Ponferrada. “Se no 2018 os orzamentos do Estado contemplaban 4,8 millóns de euros para as actuacións nas provincias polas que discorre, agora só figuran 821.770 euros”. Aludiu especialmente ao tramo máis avanzado (A Veiga de Cascallá-O Barco de Valdeorras), “que estando en 2019 en condicións de licitar as obras recibe unha ridícula consignación de 100.000 euros, cando no pasado ano tiña unha partida de 3 millóns”.

Aludiu tamén o deputado á pobre consignación da circunvalación do Barco, cuxas obras se adxudicarán a mediados deste ano “e que reciben tan só 2 millóns de euros, menos que no ano anterior cando recibiu 3 millóns”.

Polo que se refire a autovía A-56 (Ourense-Lugo) compre sinalar ademais a falta de compromiso con outros tramos como Quintela-A Casilla, A Casilla-San Martiño, ao tempo que se agarda que na primavera de 2019 rematen as obras entre San Martiño e A Barrela.

Delgado aínda botou un falta a consignación por parte de ADIF de partidas para executar a ampliación do paso inferior de Ramón Puga e do paso superor de Tarascón, “actuacións moi importantes para os veciños de Ourense e que teñen os proxectos redactados e as expropiacións feitas”.

“Sentímonos profundamente decepcionados e se en Galicia os investimentos en estradas baixan un 24 % o desta provincia clama ao ceo”, concluíu.


PREZO ECONÓMICO E POLÍTICO QUE PAGARÁN OS CIDADÁNS

En clave política, o deputado Miguel Ángel Viso acusou a Pedro Sánchez de mentir desde o principio e deseñar uns orzamentos para “pagar a débeda política e económica cos independentistas”. O PSOE, dixo, “fala dun xiro social que en realidade é un prezo político que imos pagar con máis impostos que van dirtamente á liña de flotación da economía dos cidadáns”.

As medidas que incorpora este proxecto económico, engadiu Viso, “só conseguirán desacelerar a nosa economía”, cunha especial referencia á agricultura, “que é un dos nosos potenciais e para o que só vemos un incremento de investimentos do 0,2 % e cun ministro que está desaparecido”.


POLÍTICAS DE MÁIS GASTO, DÉFICIT E IMPOSTOS

A senadora Carmen Leyte, entre tanto, avisou que xa na Cámara Alta o PP exerceu a súa responsabilidade votando en contra do teito de gasto “porque  non se correspondía coa realidade do noso país, 6.000 millóns de euros adicionais que nos devolven a políticas de máis gasto, máis déficit e máis impostos, unha receita xa usada por Rodríguez Zapatero e xa sabemos a onde nos levou”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: