Noticias
Blog
Reunión do equipo de 300 interventores do PP de Ourense para preparar as eleccións municipais
O equipo de máis de 300 interventores do Partido Popular de Ourense que estará presente nas 145 mesas da cidade de Ourense celebrou en Aixiña unha reunión para preparar o traballo cara ás eleccións municipais do vindeiro mes de maio. O acto contou coa presenza do secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda; o presidente provincial do PP, Manuel Baltar; o candidato á Alcaldía de Ourense e secretario provincial do PP, Rosendo Fernández; os presidentes dos distritos da cidade, cargos do PP de Ourense, e todo o gran equipo de interventores que amosou a súa disposición para levar a cabo un traballo intenso e efectivo de cara ao éxito de Rosendo Fernández nos comicios dos vindeiro mes de maio. Precisamente, no decurso do acto, Rosendo Fernández anunciou que José Luis Baltar será o número 2 da lista na candidatura, "contaremos co alcalde dos alcaldes nesta candidatura, que será a máis pontente e preparada para responder ás necesidades dos nosos vecños e veciñas e xestionar con eficacia estes difíciles tempos de crise", dixo Rosendo Fernández.
Tanto Rosendo Fernández como Manuel Baltar e Alfonso Rueda agradeceron o traballo e entrega dos interventores e de todos os militantes e simpatizantes o PP de Ourense, que nestes 100 días que faltan para as eleccións porán o mellor de si para que a victoria do Partido Popular sexa un éxito no Concello de Ourense e nos demáis municipios da provincia.