Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Eleccións locais 2019: Avelino de Francisco optará a revalidar a maioría absoluta do Partido Popular en Cortegada

Imprimir ppou - 14-Xaneiro-2019 - 12:15:34 


• “O candidato foi quen de imaxinar unha Cortegada mellor e está a cumprir os obxectivos que se foi marcando, nun concello que reúne todas as características de Ourense, pero sobre todo a súa condición termal, cuestión que desenvolveu dun xeito exemplar”, afirmou Manuel Baltar tras facer oficial a súa designación. 

14, xaneiro, 2019.

  
  
Avelino Luis de Francisco Martínez (Cortegada, 1946) encabezará de novo a lista que o Partido Popular presentará no Concello de Cortegada, someténdose así á confianza dos seus veciños para conseguir un cuarto mandato con maioría absoluta. Un exemplo, salientou o presidente provincial do PP, Manuel Baltar, “do proxecto político que están a desenvolver os 65 alcaldes e alcaldesas populares na provincia e o partido desde a Deputación”.

Lembra Avelino de Francisco que cando decidiu dar o paso para participar na vida política local tiña como obxectivos “importantes proxectos para o concello, como o balneario, o polígono empresarial ou o campo de fútbol e agora, pensando nun novo mandato, sigo coa mesma ilusión para facer realidade outros obxectivos”. Así, entre os seus plans para un cuarto mandato figuran ofrecer vivendas sociais ou  melloras urbanísticas nas parroquias”.

O candidato popular á alcaldía de Cortegada ten claro que “se queremos que a veciñanza se implique na política municipal e confíe en nós temos que demostrar, como tentamos facer nestes anos, que o noso principal obxectivo é a procura do benestar das nosas xentes”.

Traballar con eficiencia e eficacia son dúas das premisas que destaca o tamén alcalde, para quen a confianza dos seus vecinos “tradúcese en sucesivas maiorías absolutas que agora queremos revalidar”.

“Unha confianza que Avelino de Francisco, en plena forma política, voltará pedir e estou seguro que terá”, dixo pola súa banda Manuel Baltar. O candidato, subliñou, “foi quen de imaxinar unha Cortegada mellor e está a cumprir os obxectivos que se foi marcando, nun concello que reúne todas as características de Ourense, pero sobre todo a súa condición termal, cuestión que desenvolveu dun xeito exemplar”.

Para o presidente provincial, o compromiso do alcalde co seu pobo está máis que demostrado “poñéndose unha vez máis a disposición da veciñanza da Cortegada”. Os seus magníficos resultados nas citas electorais anteriores, apuntou Baltar, son en clave política un seguro para o Partido Popular, “pero máis importante aínda para os habitantes deste municipio, porque os homes e mulleres do PP se presentan para facer cousas polos seus concellos e por Ourense.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: