Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Eleccións locais 2019: O PP pedirá o apoio da veciñanza en Pontedeva con José Carlos Guerrero como candidato a alcaldía

Imprimir ppou - 09-Xaneiro-2019 - 16:10:47 


• O relevo na lista popular foi cualificada polo presidente provincial, Manuel Baltar, como modélica “pola xenerosidade do actual alcalde e a súa disposición a seguir traballando polo concello, así como pola entrega que xa demostrou como concelleiro o novo candidato”.

9, xaneiro, 2019.

José Carlos Guerrero Salgado (Pontedeva, 1966) encabezará a lista do Partido Popular en Pontedeva nas eleccións locais de maio, aspirando a revalidar as maiorías absolutas conseguidas polo actual alcalde, Juan Carlos González. Un relevo cualificado como “modélico” polo presidente provincial, Manuel Baltar, “pola xenerosidade do rexedor ao manifiestar a súa disposición a seguir traballando polo concello e a entrega que xa demostrou como concelleiro o novo candidato”.

  
  
  Juan Carlos González, Manuel Baltar e José Carlos Guerrero
  
Guerrero Salgado, cunha longa traxectoria profesional como empresario,  coñece ben a administración local e o Concello de Pontedeva, xa que durante os últimos tres mandatos acompañou ao alcalde como responsable municipal de urbanismo. “Este é un paso adiante por responsabilidade, por loitar por un pequeno concello con moitas necesidades”, afirmou Guerrero, destacando entre os seus compromisos “dar continuidade ao inmenso labor feito polo alcalde, incorporando novas ideas e proxectos que melloren a calidade de vida da veciñanza”. Unha declaración de obxectivos entre os que destacou máis vivendas con alugueres asequibles para tratar de fixar poboación”.
Para cumprir co reto que asume, o candidato afirmou que contará coa experiencia e capacidade de traballo do rexedor, a quen lle agradeceu esta oportunidade, como tamén a confianza do partido.

“Eu estarei a disposición do que decida o novo candidato e, por suposto, o PP”, dixo pola súa banda o actual rexedor e presidente da xunta local, Juan Carlos González, convencido do acerto na designación do cabeza de lista “e dos bos resultados que imos lograr en maio”.

González confesou que xa decidira hai tempo facilitar a renovación en Pontedeva, ao considerar que “tres mandatos nun concello pequeno é tempo dabondo para desenvolver un proxecto político”. “Hai que saber deixar paso a outras persoas -engadiu- e, sobre todo tamén, incorporar a xente moza, fundamental para o futuro”.
 
RESPOSTA AO TRABALLO, ILUSIÓN E CONFIANZA
O presidente provincial, Manuel Baltar, agradedeu a Juan Carlos González a súa dedicación como alcalde, “absolutamente comprometido con Pontedeva e cunha condición fundamental en política como é a visión de futuro, facendo neste tempo algo que poderíamos cualificar como pola puxanza empresarial do municipio.
 
Manuel Baltar destacou a xenerosidade de José Carlos, “que cedeu a testemuña a un membro do seu equipo que lle ven de acompañar nestes anos, nunha transición modélica que nos permitirá alcanzar altas expectativas nas eleccións, nun concelo que sempre nos respondeu con grandes maiorías absolutas”. Desde o Partido Popular “temos que estarlle agradecidos, ademais coa dispoñibilidade que amosa a seguir colaborando e o compromiso coas ideas e coas siglas do noso partido”.

O presidente provincial agradeceu tamén o reto que asume o candidato. “Case sempre nos fixamos no traballo dos alcaldes, pero tras eles hai un equipo, persoas que tamén representan ao seu concello, que coñecen perfectamente a administración local e os proxectos realizados”. Pero, ademais,  declarou Baltar, ”teñen a capacidade de artellar novas propostas e con algo imprescindible en política que é a ilusión e vocación de servizo público”.

Manuel Baltar amosouse convencido de que a veciñanza de Pontedeva “sabe que hai traballo, ilusión e compromiso e dentro de 135 días estou seguro que nos devolverán co seu apoio a confianza que lles estamos a pedir”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: