Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Eleccións locais 2019: Gabriel Alén Castro optará a unha terceira maioría liderando a lista do Partido Popular en Cenlle

Imprimir ppou - 07-Xaneiro-2019 - 14:13:35 


• O actual alcalde aspira a manter a “estabilidade da política local que nos permita, logo de dous mandatos, consolidar todos os proxectos e investimentos que puxemos en marcha nestes anos”, citando como próximos obxectivos “potenciar o enoturismo e por suposto todo o relacionado co termalismo e a auga”

• Para o presidente provincial, Manuel Baltar, o candidato representa aos homes e mulleres do PP ourensán “que destacan non só pola súa implicación no concello, senón tamén pola súa capacidade para traballar por un concepto máis amplo como o de provincia”.

7, xaneiro, 2019.

Gabriel Alén Castro (Ourense, 1977) liderará unha vez máis a lista do Partido Popular no Concello de Cenlle para conseguir, nas eleccións locais de maio, unha terceira maioría absoluta popular. Así o confirmou esta mañá o presidente provincial do PP, Manuel Baltar, para quen un novo mandato do actual alcalde de Cenlle “permitirá reforzar o gran labor feito nestes anos en ámbitos tan estratéxicos para o concello, pero tamén para a provincia, como o termalismo”.

  
  
Coa súa designación, Alén Castro optará a unha terceira maioría absoluta “que desde a estabilidade da política local nos permita, logo de dous mandatos, consolidar todos os proxectos e investimentos que puxemos en marcha nestes anos”, citando como próximos obxectivos “potenciar o enoturismo e por suposto todo o relacionado co termalismo e a auga”. En definitiva, incidiu, “loitar polo desenvolvemento do municipio aproveitando todo o potencial que ten e ofrece Cenlle, para sitúalo como se merece no mapa provincial e galego”.

O xa candidato agradeceu o apoio da xunta local dos populares de Cenlle, destacando a súa satisfacción “logo de comprobar que existía un sentir nas bases para que liderara de novo a lista”. Un agradecemento que remarcou subliñando “a confianza que atopei sempre no meu partido e o máis absoluto respaldo do seu presidente provincial”.

 “Confianza mutua” foi a resposta de Manuel Baltar ás palabras do candidato, do que destacou non só a súa implicación no concello, “senón a súa capacidade para comprender e traballar por un concepto máis amplo como o de provincia”.

Referiuse o presidente provincial ao compromiso demostado por Gabriel Alén con proxectos estratéxicos para a provincia no ámbito do termalismo deportivo, “como o centro de entrenamento de remo ou enorme esforzo realizado durante a Vuelta a España 2016”.

“Esta é unha característica máis que nos diferenza do resto de formacións políticas -engadiu Manuel Baltar-, pois os homes e mulleres do Partido Popular son quen de loitar polo seu concello, sendo conscientes de que forman parte dun territorio moito máis amplo que é a nosa provincia”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: