Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Novas Xeracións recolleu preto de 1.000 quilos de alimentos, roupa e xoguetes na súa tradicional campaña de Nadal

Imprimir ppou - 03-Xaneiro-2019 - 16:05:39 


• O presidente provincial, Manuel Baltar, na presentación dos resultados desta iniciativa, afirmou que esta iniciativa “amosa o carácter solidario da única organización política da provincia que é quen de pensar nos máis novos, que son o futuro, e saber priorizar en cada momento”.

3, xaneiro, 2019.

Novas Xeracións do Partido Popular de Ourense recolleu durante o pasado mes de decembro preto de 1.000 quilos de alimentos, roupa e xoguetes para familias necesitadas, dentro da súa tradicional campaña “Sorrisos de Nadal”. Así o detallou o presidente da organización xuvenil, José Antonio Parente, á hora de facer balance desta iniciativa. Unha convocatoria na que estivo acompañado polo presidente provincial do PP, Manuel Baltar, para quen este tipo de accións “amosan o carácter solidario da única organización política da provincia que é quen de pensar nos máis novos, que son o futuro, e saber priorizar en cada momento”.

  
  
Coa axuda das xuntas locais de Novas Xeracións, os mozos populares conseguiron recoller preto de 300 quilos de alimentos, máis de 400 quilos de xoguetes e preto de 300 quilos de roupa que agora serán repartidos ás familias necesitadas en colaboración con Cáritas. O presidente de Novas Xeracións valorou moi positivamente esta campaña, “á que contribuíu sen dúbida a gala solidaria que celebramos en Xinzo de Limia e na que puxemos como prezo de entrada a donación de alimentos e xoguetes”.

Unha vez máis, dixo José Antonio Parente, “os ourensáns amosaron a súa faciana máis solidaria”, aínda que quixo destacar “a activa participación dos mozos en iniciativas destas características, o que demostra o seu grao de compromiso social”. Por esta razón, avanzou “imos seguir a facer mantendo esta campaña procurando unha participación cada vez maior dos mozos e de toda a veciñanza”.

Neste sentido lembrou que tamén está en marcha a campaña “Ilusiona cun xoguete”, na que se están a recoller xoguetes novos e ademais libros, con especial atención aos escritos en galego, que serán donados á biblioteca que a Asociación Española contra o Cancro ten no CHUO.

Pola súa banda, o presidente provincial, Manuel Baltar, destacou o carácter solidario das Novas Xeracións do Partido Popular, “a única formación da provincia que é quen de por en marcha estas iniciativas”. Os mozos populares, engadiu, son “o mellor exemplo desa forma de actuar porque saben priorizar as nosas señas de identidade como provincia, saben perfectamente as áreas nas que temos que esforzarnos e, sobre todo, non deixan de facer propostas para innovar en política”.

A 141 días das eleccións locais, Manuel Baltar lembrou que os mozos de Novas Xeracións terán un merecido protagonismo nas candidaturas do PP “porque son tamén os primeiros que cren en Ourense e sinten auténtica paixón pola provincia”.

“Os máis novos son o futuro deste territorio –engadiu o presidente provincial- e decímolo desde un partido que é quen de anunciar sempre os mellores resultados electorais, o que implica unha continua conexión coa veciñanza que non teñen outros partidos, vocación que imos demostrar unha vez máis neste 2019”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: