Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O Partido popular de Ourense aumenta preto dun 7 % o seu orzamento para 2019

Imprimir ppou - 17-Decembro-2018 - 19:48:00 


• No Comité Executivo, o presidente provincial, Manuel Baltar, afirmou que ademais de ser un exemplo da transparencia que esixen os cidadáns e de boa xestión “este orzamento fala ben ás claras da solvencia e a experiencia do PP ourensán, centrado en facer partido para facer gobernos”.

17, decembro, 2018.

O Partido Popular de Ourense contará en 2019 cun orzamento superior aos 346.000 euros, segundo reflicte a proposta económica aprobada polos membros do Comité Executivo da formación popular, reunido esta tarde na sede provincial. Esta cantidade ven de supoñer un incremento do 6,56 % con respecto ao exercicio actual e non inclúe os gastos derivados dos procesos electorais fixados para o próximo ano, por se tratar dun orzamento independente. A contía da que diporá o PP ourensán para o próximo ano procede das cotas dos afiliados, das aportacións dos cargos públicos do partido, dos grupos de representación institucional e das transferencias do PP galego.
  
  

“A aprobación do orzamento e a súa publicación non só constitúe un exemplo da transparencia que nos esixen os cidadáns”, dixo o presidente provincial popuar, Manuel Baltar, na súa intervención diante do Comité Executivo. Ademais de planificación, anticipación e boa xestión “en tanto que aumentamos case un 7 %, o paso que vimos de dar fala ben ás claras da solvencia e a experiencia do PP ourensán, centrado en facer partido para facer gobernos”.

Manuel Baltar tamén se referiu ás eleccións locais de maio de 2019, apuntando que nos próximos días seguirán presentándose os novos candidatos do PP ás alcaldías da provincia. 

Nesta liña, o presidente provincial apelou á responsabilidade de todos os populares, “sexan militantes, cargos públicos ou mesmo simpatizantes para que traballen a reo co obxectivo de garantir a estabilidade e o progreso nos nosos concellos e na Deputación”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: