Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Novas Xeracións pon en marcha unha edición máis da súa campaña solidaria “Sorrisos de Nadal”

Imprimir ppou - 05-Decembro-2018 - 13:22:55 


• “O noso obxectivo é que as familias con menos recursos podan disfrutar destas datas coa mesma ledicia que os resto dos ourensáns”, afirmou o presidente provincial da organización xuvenil do PP, José Antonio Parente.

5, decembro, 2018.
  
 

A organización xuvenil do Partido Popular de Ourense, Novas Xeracións, ven de poñer en marcha un ano máis a súa tradicional campaña solidaria “Sorrisos de Nadal”, unha iniciativa coa que pretende recoller roupa, alimentos e xoguetes para as familias máis necesitadas da provincia.

Os mozos populares contan para esta campaña coa colaboración de Cáritas Ourense, que se encargará de distribuír todos os produtos recollidos desde hoxe ata o próximo 4 de xaneiro. As persoas que desexen participar nesta iniciativa só teñen que deixar as súas doazóns na sede provincial ou nas sedes locais do partido.

José Antonio Parente, presidente provincial de Novas Xeracións, sinalou que “o noso obxectivo é que todos os nenos e as familias con menos recursos podan disfrutar destas datas tan sinaladas e festivas coa mesma ledicia que os resto dos ourensáns”, animando a todos a participar nunha campaña que, recordou, demostra ano tras ano cos seus resultados o carácter solidario da veciñanza”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: