Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O Partido Popular presentarase como acusación particular contra a presunta estafadora detida hoxe en Ourense

Imprimir ppou - 04-Decembro-2018 - 20:46:54 


4, decembro, 2018.

O secretario xeral do Partido Popular de Ourense, Rosendo Fernández, anunciou esta tarde que a formación popular presentarase como acusación particular no caso da presunta estafadora detida pola Policía Nacional e que, segundo informou hoxe a Comisaría ourensá,  dábase a coñecer como próxima a políticos con poder, mesmo mostrando documentos con  membretes de partidos políticos, ofrecendo a súa intermediación para obter favores a cambio de diñeiro.

Rosendo Fernández expresou o seu máis absoluto rexeitamento aos feitos agora coñecidos e mostrouse tallante ao afirmar que “o Partido Popular sempre tomará as medidas máis contundentes que poña ao seu alcance a lei contra aquelas persoas que, en nome das nosas siglas, tenten perpetrar accións ilegais en beneficio propio”.

O secretario xeral, que lamentou os prexuízos ocasionados ás vítimas pola presunta estafadora, engadiu que os servizos xurídicos do PP poñeranse a traballar de inmediato para coñecer os detalles destes feitos “e deixar  meridianamente claro que o noso partido é unha vítima máis da detida”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: