Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Eleccións locais 2019: O Partido Popular impulsa a renovación en Petín coa candidatura a alcaldía de Carlos Goñi

Imprimir ppou - 03-Decembro-2018 - 17:24:46 


• O candidato popular di estar convencido de “ter a ilusión e as ganas suficientes para mover un concello no que as miñas prioridades son as persoas, as maiores para que teñan uns bos servizos e calidade de vida, e os mozos para garantir o futuro do municipio”.

• O presidente provincial, Manuel Baltar, afirmou que “a renovación de candidatos que estamos a impulsar ten, como premisa fundamental, contar con xente que conecte cos seus veciños, que mire ás persoas como o principal valor do seu concello e que teña capacidade para transformar o municipio”.


3, decembro, 2018.

Carlos Goñi Garrido (Pamplona, 1965) encabezará a lista do Partido Popular á alcaldía do concello valdeorrés de Petín, dentro do proceso de renovación que a formación popular emprendeu no ámbito municipal cara as eleccións de 2019. “Un paso meditado e cheo de responsabilidade –dixo- froito da pasividade que estaba a ver por parte dos actuais responsables municipais”.

  
  
Goñi Garrido, vencellado profesionalmente ao sector da construcción, trasladouse a Petín hai anos tanto por cuestións familiares como de traballo, afirmando que como “galego de adopción tamén ten inquedanzas e ganas de traballar polo lugar onde resido e teño a miña vida”.

O candidato popular á alcaldía de Petín di estar convencido de “ter a ilusión e as ganas suficientes para mover un concello no que as miñas prioridades son as persoas, pero de xeito especial os maiores e os mozos. Os primeiros para que teñan uns bos servizos e calidade de vida, e os segundos para garantir o futuro do municipio”.

Carlos Goñi, que recoñeceu o seu interese pola vida municipal, agradeceu a confianza depositada na súa persoa por parte do actual portavoz do PP en Petín, Manuel de la Fuente Díez, e a oportunidade que lle está a brindar o presidente provincial para “tentar dar un novo rumbo a Petín”.

A esa nova dirección referiuse precisamente Manuel Baltar, para quen “a renovación de candidatos que estamos a impulsar desde o partido ten, como premisa fundamental, contar con xente que conecte cos seus veciños, que mire ás persoas como o principal valor do seu concello e que teña capacidade de traballo para transformar o municipio”.

O presidente provincial valorou moi positivamente o paso dado por Carlos Goñi “pois demostra que o compromiso coa terra e as súas xentes non ven dado só polo lugar de nacemento, senón tamén polo compromiso co territorio no que estás a desenvolver o teu proxecto de vida”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: