Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Luis Menor será o cabeza de lista do Partido Popular no Concello de Pereiro de Aguiar nas eleccións locais de 2019

Imprimir ppou - 27-Novembro-2018 - 17:11:45 


• O candidato afirmou que exprimirá a súa experiencia “coa vontade de consolidar todo o que se leva feito no meu concello nestes anos, aproveitando todas as oportunidades e o potencial que ofrece o municipio”.

• Manuel Baltar, presidente provincial do PP, tivo palabras de recoñecemento para o actual alcalde, Eliseo Fernández, “que durante tres décadas estivo á fronte dun goberno popular, mantendo e mesmo superando sempre o apoio veciñal nas urnas”.

27, novembro, 2018.

A lista que o Partido Popular presentará ás eleccións locais de 2019 no Concello de Pereiro de Aguiar estará encabezada por Luis Menor Pérez, na actualidade director xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia. Así o anunciou a primeira hora desta tarde o presidente provincial do PP, Manuel Baltar, para quen o candidato “asume un gran reto relevando a Eliseo Fernández, que durante tres décadas estivo á fronte dun goberno popular, mantendo e mesmo superando sempre o apoio veciñal nas urnas”.

  
  
Luis Menor Pérez (Pereiro de Aguiar, 1964) é licenciado en Dereito e experto en criminoloxía. Secretario xudicial, foi xefe territorial da Consellería de Presidencia en Ourense entre 2009 e 2010, para acceder despois á secretaría territorial da delegación da Xunta de Galicia en Ourense, posto que deixaría en novembro de 2014 tralo seu nomeamento como director Xeral de Emerxencias e Interior.

Menor afirmou sentirse “moi ilusionado con este reto, no que exprimirei toda a miña experiencia na administración e durante os nove anos que –en distintos mandatos- estiven como concelleiro en Pereiro”, engadindo que chega a esta nova etapa “coa vontade de consolidar todo o que se leva feito no meu concello, aproveitando todas as oportunidades e o potencial que ofrece o municipio”.

O candidato, que agradeceu aos concelleiros populares e ao presidente provincial a súa designación, recoñeceu asumir “unha enorme responsabilidade ao relevar a unha persoa como Eliseo, polo gran traballo feito en todos estes anos e pola súa xenerosidade ao tomar a decisión de  dar paso a un novo candidato”.

Pola súa banda, o alcalde de Pereiro de Aguiar, Eliseo Fernández, afirmou estar “a disposición do meu presidente e do candidato, como é a miña obriga e deber, para que o partido siga a conseguir a confianza dos veciños”. Un respaldo, dixo “que só se consegue respondendo a esa confianza con moito esforzo e dedicación”.

O presidente provincial, Manuel Baltar, tamén incidiu na responsabilidade que asume o novo candidato á alcaldía de Pereiro de Aguiar, lembrando as tres décadas que Eliseo Fernández estivo á fronte dun goberno do Partido Popular sen perder nunca unhas eleccións.
 
Manuel Baltar tivo palabras de recoñecemento para “un home do Partido Popular que dedicou 36 anos da súa vida á política municipal, unha amplísima experiencia que non imos desaproveitar, posto que Eliseo, nunha mostra máis da súa  valía, aceptou acompañar a Luis Menor na lista do PP en Pereiro”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: