Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Andrés Montesinos, proclamado candidato popular á Alcaldía de Viana

Imprimir ppou - 11-Febreiro-2011 - 18:22:14 

O actual rexidor local de Viana do Bolo, Andrés Montesinos, foi proclamado candidato á Alcaldía do municipio polo Partido Popular para as eleccións municipais do vindeiro mes de maio. Nun acto, no que estivo arroupado polo presidente provincial do PP, Manuel Baltar, así como por máis de trescentas persoas, alcaldes da contorna e afiliados e simpatizantes do PP, Andrés Montesinos dixo que esta nova etapa que comezará a partir do mes de maio "será aínda máis ilusionante por todos os proxectos que poñeremos en marcha. Temos que traballar duro e ser conscientes que neste tempos difíciles que estamos a vivir todos temos que contribuír para seguir facendo de Viana un concello próspero, de futuro e con oportunidade". Pola súa banda, Manuel Baltar destacou a importancia dos comicios municipais, afirmando que tanto en clave galega como nacional "xa temos comprobado para que serven os gobernos socialistas e bipartitos, polo cal a opción de xestión eficaz e a que verdadeiramente contribúe a solucionar os problemas e necesidades dos cidadáns é a do Partido Popular. Baltar animou a Montesinos a conformar un "equipo forte que traballe eficazmente para que os veciños e veciñas de Viana teñan un referente de boa xestión que aporte servizos e melloras ao concello".

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: