Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP de Ourense impulsa o proxecto de Biomasa para Valdeorras

Imprimir ppou - 07-Maio-2010 - 00:47:36 

O Partido Popular de Ourense está a realizar xestións para impulsar o proxecto de construcción dunha pranta de biomasa na comarca de Valdeorras, que permitirá dar traballo a unas 200 persoas e suporá unha alternativa ao sector da lousa. O proxecto conta co apoio do presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, e do vicepresidente da Deputación de Ourense e portavoz do PP no Barco, Moisés Blanco, quen xa fixeron as xestións necesarias diante do goberno autonómico para que impulse “con todas as garantías” a implantación desta importante iniciativa empresarial.
Os populares ourensáns afirman que “é moi necesario” axilizar os trámites para a posta en marcha da denominada “Pranta de Valorización Enerxética de Biomasa Leñosa”, para o cal consideran determinantes os informes técnicos que ten que emitir a Consellería de Economía e Industria.

A importancia que ten para a comarca de Valdeorras este proxecto reflíctese no investimento previsto, que supera os 40 millóns de euros. A planta abastecerase con restos procedentes das máis de 40 comunidades de montes coas que a empresa “O Barco Infraestructuras, S.L.” xa contactou. Trátase de asociacións de toda a provincia, o que implicará  que a empresa planee contar con varias naves noutros puntos de Ourense. En concreto, en Vilamartín haberá unha oficina de coordinación, e en Riós e O Carballiño crearanse naves de almacenaxe.

A planta terá unha capacidade de xeración estimada de 15 megawatios, que suporá que, nas 8.000 horas anuais de funcionamento que se lle calculan, xerará da orde de 120.000 megawatios, equivalentes ao consumo eléctrico de 30.000 fogares galegos.

Na pranta valdeorresa trataranse ao redor de 100.000 toneladas de biomasa ao ano, con dous posibles réximes de funcionamento: o nominal, co 100% de biomasa leñosa, e o variable, que inclúe un 80% de biomasa leñosa e un 20% de biomasa herbácea.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: