Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP de Allariz reclama “cordura e racionalidade na desorbitada presión fiscal que sofre a veciñanza”

Imprimir ppou - 22-Novembro-2018 - 15:56:58 


• Nunha moción que presentarán no próximo pleno, os populares solicitan ao goberno local que pida ao Catastro que complete a revisión da regularización feita entre 2011 e 2014 para dar de baixa construcións ruinosas e a diminución dun 10 % dos valores castastrais respecto do 2018.

• A portavoz popular, Luz Doporto, cualifica de nefasta a xestión económica dos nacionalistas, con case que 4 millóns de euros de débeda, e advirte das consecuencias que ten a suba do IBI e dos valores catastrais noutros impostos.

22, noviembre, 2018.

O grupo popular no Concello de Allariz presentará no próximo pleno unha moción na que solicitará ao grupo de goberno que inste ao Catastro a que complete a revisión da regularización feita entre 2011 e 2014, para dar de baixa construcións ruinosas ou cun estado de edificación moi defiente, así como a diminución dun 10 % dos valores castastrais respecto do 2018.

A portavoz do PP, Luz Doporto, afirma que con esta iniciativa se pretende “poñer cordura e racionalidade na desorbitada presión fiscal que sofre a veciñanza”, denunciado que malia aos “castrazos do anterior alcalde e froito dunha nefasta xestión económica seguimos endebedados ata as cellas, con case que 4 millóns de euros”.

Lembra Doporto que entre os anos 2013 e 2016, o anterior rexedor solicitou directamente ao Catastro –“sen pasar polo pleno”- a suba dos valores catastrais dando como resultado que “as cotas a pagar nos recibos de 2017 foran un 76 % maiores que en 2012”.

Ademais, como consecuencia da regularización do IBI entre os anos 2011 e 2014 “pasamos de ter 9.100 recibos no 2006 a 17.384 en 2017. É dicir, de recaudar 440.000 euros en 2006 pasamos a 1.427.000 euros o pasado ano, aínda que grazas á iniciativa do PP conseguimos reducir este número de recibos a 15.202 no anterior exercicio”.

Advirte a portavoz popular que a veciñanza non só está a padecer os efectos da regularización do IBI e a suba dos valores catastrais, “xa que estes cambios tamén afectan a outros impostos como o da renda, transmisións patrimoniais, actos xurídicos documentados e doazóns e sucesións”.

Doporto agarda que a nova alcaldesa se sume a esta proposta “que só persigue diminuir a carga que soportan neste momento tdos os veciños”.
 
RECHAZO AOS ORZAMENTOS DE 2019
A portavoz do PP en Allariz tamén expresou o seu rexeitamento ao proxecto de orzamentos municipais para 2019, que se debatirán mañá venres en seisón extraordinaria, “por continuistas e faltos de investimento real”.

Luz Doporto subliña que se dispara o gasto corrente en 100.500 euros “sen xustificación e sen atender ás advertencias feitas nos últimos informes pola intervención con motivo d aaprobación da conta xeral de 2017”.

Engade que a débeda, situada en torno aos 4 millóns de euros, está a provocar retrasos nos pagos a provedores, cunha media de 78,60 días, o que excede claramente o prazo de 30 días fixado por lei”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: