Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Orzamentos da Xunta de Galicia para 2019: Manuel Baltar saúda a aposta pola provincia que realiza o goberno galego cuns orzamentos expansivos

Imprimir ppou - 20-Outubro-2018 - 14:01:16 


• Para o presidente provincial, a interlocución fluída co Goberno e o coñecemento de Ourense por parte de Alberto Núñez “fan que a Xunta apoie todas as cuestións de interese provincial que preparan o noso territorio para a chegada da alta velocidade, crucial na nosa historia.

• Baltar subliñou tamén o especial protagonismo que terán as políticas da Consellería de Medio Rural, dirixida polo ourensán José González, “con consecuencias positivas no sector forestal e agroalimentario”.

• Os orzamentos da Xunta para Ourense en 2019 ascenden a 1.223 millóns de euros, un 6,53 % máis que neste exercicio, sendo a segunda provincia galega en gasto por habitante: 3.928 euros.

• Polo que respecta aos investimentos, a provincia recibirá 104.584.086 euros, baixo o claro criterio de cumprimento dos compromisos adquiridos e continuidade dos proxectos que xa están en marcha.

19, outubro, 2018.

O presidente do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, afirmou hoxe que os orzamentos da Xunta de Galicia para 2019 “reflicten o compromiso do goberno autonómico coa provincia cun proxecto económico expansivo”. Baltar saudou positivamente a aposta por Ourense, que se traduce, engadiu, “na Sanidade, con novos investimentos no CHUO; as comunicacións, co enlace da A-52 co polígono de San Cibrao; a estación intermodal; ou o incremento de fondos para dependencia, innovación, termalismo, turismo e educación”.

O presidente dos populares ourensáns subliñou que “a interlocución constante e fluída co goberno e o coñecemento real da situación de Ourense por parte de Alberto Nuñez fan que a Xunta apoie todas as cuestión de interese provincial que preparan o noso territorio para a chegada da alta velocidade, un momento crucial na nosa historia”.

Ademais, declarou Baltar, nesta nova etapa “cobrarán especial protagonismo as políticas que porá en marcha a Consellería de Medio Rural, dirixida polo ourensán José González, con consecuencias positivas no sector forestal e agroalimentario”.

Manuel Baltar apuntou tamén o protagonismo da provincia no investimento non territorializado, “como ven sendo habitual”, poñendo como exemplo a aprobación no último Consello da Xunta de máis de medio millón de euros para proxectos turísticos nos concellos de Cenlle e Piñor.

Nos orzamentos da Xunta para 2019 a provincia de Ourense ten consignados 1.223 millóns de euros, cun incremento do 6,53 % e 75 millóns de euros máis que no presente exercicio (1.148 millóns).

Unha cifra que nos sitúa como a segunda provincia galega en gasto por habitante, con 3.928 euros por cada ourensán. Con respecto ao presente exercicio, a diferenza é dun 7,13 % máis e 280 euros a maiores.

Polo que respecta aos investimentos, a provincia recibirá 104.584.086 euros, baixo o claro criterio de cumprimento dos compromisos adquiridos coa provincia e continuidade dos proxectos que xa están en marcha. Por exemplo:

• O enlace da autovía A-52 co polígono industrial de San Cibrao, con 7,9 millóns de euros (7.886.551 €).
• Algo máis de 5 millóns de euros (5.050.000 €) para o Plan Director do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.
• A estación intermodal de Ourense, coas obras recén iniciadas. Un proxecto que inclúe 3 millóns de euros para a estación de autobuses e outros 3,4 millóns para o financiemento do aparcamento subterráneo.

Nunha lexislatura marcada polo apoio ao rural, a Consellería de Medio Rural é a que fai o maior esforzo inversor con case que 40 millóns de euros (39.708.194 €), cun forte pulo á industria agroalimentaria e a sectores estratéxicos para a provincia como o viño, que percibirá 500.000 euros para internalización. Compre apuntar tamén os investimentos na industria forestal, con 1,6 millóns (1.630.000 €).

Outras accións contempladas nos orzamentos, desta volta no ámito da dependencia, inclúen a construcción de senllos centros de atención á dependencia nos concellos de Cortegada e Muíños.

Coa vista posta xa no Xacobeo 2021, tamén son de salientar os máis de 1,3 millóns de euros (1.306.712 €) destinados á mellora da sinalización do Camiño de Santiago nos concellos de San Cristovo de Cea, A Gudiña, Laza e Vilar de Barrio.

Unha das cuestións a ter en conta é a intención de ofrecer os mellores servizos públicos aos ourensáns na súa relación coa Xunta, polo que tamén comeza a dar os primeiros pasos para a creación dun novo edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ourense.

Apuntar, ademais, outras acción de importancia referidas á capital, ao marxe das xa citadas como a estación intermodal, cun proxecto innovador en Galicia como é o Ecobarrio da Ponte, con máis de 2,4 millóns de euros (2.409.769 €) ou o programa Rexurbe para a rehabilitación de vivendas, con máis de 1,8 millóns de euros (1.816.045 €).


OUTROS INVESTIMENTOS NA PROVINCIA

• 1,2 millóns no centro de recursos zooxenéticos de Coles.
• 900.000 € para transferencias de capital ao Parque Tecnolóxico de Galicia.
• 841.270 € para actuacións en centros de saúde en Pereiro de Aguiar.
• 548.792 para actuacións en centros de saúde en Paderne de Allariz.
• 300.000 € para solo empresarial en Paderne de Allariz.
• 275.000 € para mobilidade de terras na Peroxa.
• 157.000 € para actuacións en patrimonio cultural en Celanova.
• 100.000 € para mobilidade de terras en Celanova.
• 100.000 € para solo empresarial en Xunqueira de Ambía
• 773.00 € para construción de vivendas e solo residencial en Cenlle.
• 275.000 € para mobilización de teras en Ribadavia.
• 173.000 € para investimento en museos en Ribadavia.
• 148.584 € para actuacións en patrimonio cultural en San Amaro.
• 100.000 € para mobilización de terras en Avión.
• 4.300.000 € para regadíos en Xinzo de Limia, Porqueira e Trasmirás.
• 400.000 € para mobilidade de terras en Cualedro.
• 392.000 € para investimentos en patrimonio cultural en Monterrei.
• 350.000 € para mellora de abastecemento en Lobios.
• 250.000 € para hospital de Valdeorras.
• 250.000 € para hospital de Verín.
• 201.000 € para actuacións de patrimonio cultural en Xinzo.
• 177.637 € para saneamento en Oímbra.


CONSOLIDAR A RECUPERACIÓN E REFORZAR AS NECESIDADES SOCIAIS

A Xunta de Galicia ven de presentar uns orzamentos para 2019 que se caracterizan por ser máis expansivos e os máis altos desde 2010, con 9.850 millóns de euros destinados a consolidar e reforzar a recuperación económica e as necesidades sociais de Galicia. Son 363 millóns máis que no presente ano, o que permitirá aumentar o gasto ata o 3,8 %.

Trátase duns orzamentos expansivos, de consolidación, pero tamén baixo o criterio da prudencia e con prioridades claras.

Así destaca a redución do endebedamento (185 millóns en xuros en comparación co ano 2014); a rebaixa de impostos (mantendo as rebaixas en vigor, e con novas baixadas nos impostos de Transmisión Patrimoniais no caso da vivenda usada habitual; o de Sucesións para as herdanzas entre irmáns; a reversión da suba do Imposto de Patrimonio aprobada en 2013; ou novas deducións fiscais para inventivar a innovación).

Pero tamén compre salientar que con este proxecto económico Galicia seguirá a crecer máis que a economía española, cunha previsión da evolución do PIB do 2,5 % para 2019 e unha rebaixa da taxa de paro, pasando do 14,1 % neste ano a 12,7 % en 2019.

A provincia de Ourense beneficiarase do refozamento do gasto social en Galicia, con 270 millóns máis; dos 203 millóns máis que destina a Xunta a Sanidade e Educación; os 383 millóns para Depedencia (14 millóns máis en 2019); o incremento dos recursos á innovación nun 14 % ata chegar aos 129 millóns; os 41,4 millóns para Turismo; ou os 29 millóns para reforar o apoio á industria agroalimentaria, tan importante na economía da provincia.


Suscíbete:
Redes Sociales: