Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O Goberno de Feijóo “fala facendo, e o máis importante: poñendo sobre o papel os compromisos adquiridos coa cidade de Ourense”, di Jesús Vázquez Abad

Imprimir ppou - 20-Outubro-2018 - 13:57:44 


• Estes orzamentos son o froito de escoitar ás necesidades dos cidadáns e da preocupación por darlles unha resposta. “Os colectivos máis sensibles da nosa sociedade, como os maiores, as persoas con discapacidade e en risco
de exclusión social serán os principais beneficiarios”, di Vázquez Abad.

Compromisos como a Estación Intermodal; a reforma do Hospital; o Centro de Atención a Persoas Adultas con Discapacidade; o Ecobarrio e o Programa Rexurbe para a recuperación do Centro Histórico son algunhas das craves que teñen o seu refrendo firme nos Orzamentos da Xunta.

19, outubro, 2018

“A Xunta fala facendo, e o máis importante, poñendo sobre o papel os compromisos con Ourense, como poden ser: a Estación Intermodal; o Hospital; o Centro CAPD; o Ecobarrio ou o Programa Rexurbe para a recuperación do Centro Histórico”, sinala o candidato popular a revalidar a Alcaldía de Ourense, Jesús Vázquez Abad. Estes orzamentos son o froito de escoitar ás necesidades dos cidadáns e da preocupación por darlles unha resposta, explica Vázquez Abad. Os colectivos máis sensibles da nosa sociedade, como os maiores, as persoas con discapacidade e en risco de exclusión social serán os principais beneficiarios.

Así, a partida máis importante, superior aos cinco millóns de euros, será para a posta en marcha do Plan director de Sanidade de Ourense. Supón un importante paso no compromiso realizado polo presidente da Xunta para reformar as instalacións do hospital Cristal Piñor e reforzará as dotacións e asistencia que reciben os nosos cidadáns, especialmente as persoas de maior idade.

Máis de 6 millóns de euros destínanse á Estación Intermodal (3 millóns para a parte da estación de autobuses e 3,4 millóns para o aparcadoiro soterrado). “Sen dúbida, unha aposta que é firme e aparece onde ten que aparecer: plasmada nos Orzamentos do Executivo Galego”, sinala Jesús Vázquez.

Os 600.000 euros para a construción do Centro CAPD para maiores con discapacidades psíquicas “permitirá converter en realidade o edificio que presentamos recentemente e que está chamado a converterse nun referente en Galicia”, di o presidente local do PP na cidade de Ourense. “É un proxecto froito do diálogo, no que a Xunta e o Concello están especialmente implicados pola súa preocupación por dar resposta ás peticións dos país e para que os seus fillos teñan a mellor asistencia na mellor das instalacións”.

Tamén é importante para Vázquez Abad o cariz social dos 2,4 millóns de euros destinados a posta en marcha do proxecto de Ecobarrio no barrio de A Ponte. O aproveitamento da enerxía xeotérmica suporá un importante aforro para o peto dos veciños, unha axuda económica importante para unha poboación que ven de saír da crise económica máis grave dos últimos anos.

No 2019 o programa Rexurbe, que quere devolver a vida ao Casco Histórico da cidade, contará con novas actuacións que se sumarán á intensa campaña de rehabilitación de vivendas destinadas a protección oficial. Neste proxecto inclúese a creación dun novo edificio para uso administrativo por importe de 250.000 euros.

En definitiva, “os orzamentos farán realidade os proxectos que demanda esta cidade, cunha especial preocupación porque os eslabóns máis sensibles da nosa sociedade vexan mellorado o seu día a día”, conclúe Jesús Vázquez Abad.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: