Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

  O PP pedirá no pleno de outubro a homologación do número de integrantes dos GES na provincia

Imprimir ppou - 11-Outubro-2018 - 13:50:28 


• Os populares consideran que para a prestación dun servizo adecuado e de carácter permanente son necesarias doce persoas, condición que ata agora só cumpren catro grupos.
 
Ourense, 11 de outubro de 2018.- O grupo provincial do Partido Popular pedirá no pleno ordinario de outubro a homologación do número de integrantes dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) existentes na provincia, considerando que para a prestación dun servizo adecuado e de carácter permanente é necesario un equipo integrado por doce persoas.

Na actualidade, Ourense conta con nove GES con base en Pereiro de Aguiar, Ribadavia, Avión, Muíños, Lobios, Laza, Castro Caldelas, A Gudiña e O Barco, integrados por un total de 92 membros. 

Non obstante, o número de persoas que compoñen cada un destes grupos non é homoxéneo. Así, O Barco, Castro Caldelas, A Gudiña e Pereiro de Aguiar teñen 12 membros, mentres que Lobios e Ribadavia contan con 10; Avión e Muíños 9, e Laza 6.

A proposta do grupo popular xurde tras escoitar as suxestións realizadas polos alcaldes dos concellos nos que se ubican os GES. Todos eles coinciden en sinalar que o número idóneo de persoas que deben ter estes grupos é de doce, o que garantiría o servizo durante as 24 horas do día e todos os días do ano.

Os populares subliñan que esté é momento axeitado para facer esta proposta, xa que se está a negociar a renovación do convenio regulador dos GES, asinado en 2015 e que remata o 31 de decembro próximo.

Por esta razón, o PP quere trasladar á Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e á Federación Galega de Municipios e Provincias a necesidade de homologar o número de integrantes dos GES na provincia de Ourense.

Os Grupos de Emerxencias Supramunicipais foron creados no ano 2013 como resultado da colaboración entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e as deputacións, demostrando en todo este tempo a súa efectividade para facer fronte a situacións de emerxencia, prevención e defensa contra incendios forestais.

O PP enmarca esta iniciativa na decidida aposta da Deputación de Ourense polos GES, o que se reflicte nos orzamentos da institución provincial para 2019, nos que se habilita unha partida de 813.333 euros para asumir a parte do financiamento que deberían aportar os concellos.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: