Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Xunta Directiva do PPOU: Manuel Baltar pide elevar “o grao de esixencia para ofrecer á veciñanza programas ambiciosos e innovadores”

Imprimir ppou - 03-Outubro-2018 - 18:31:41 


• En nome dos populares, o presidente provicial felicitou a José González, membro deste órgano, pola súa designación como conselleiro de Medio Rural, “polo que traballarei agora con máis intensidade, sempre mirando á nosa provincia”, dixo o propio González.

3, outubro, 2018.

A xunta directiva do Partido Popular de Ourense celebrou esta tarde a súa primeira reunión de traballo, logo da apertura do curso político na súa tradicional convención dos Milagros, hai dúas semanas. Unha convocatoria na que se expuxeron as liñas estratéxicas que, en clave electoral, desenvolverá a formación popular cara ás municipais de 2019.

  
  
O presidente provincial, Manuel Baltar, pediu aos membros deste órgano de dirección –do que forman parte todos os alcaldes- que eleven o seu grao de esixencia “pois temos unha obriga coa nosa veciñanza que é ofrecer programas ambiciosos e innovadores”.

“Temos unha nova oportunidade –dixo Manuel Baltar- para demostrar que somos quen de manter activo o noso territorio, que temos capacidade para procurar e achegar recursos aos concellos e oportunidades para todos os ourensáns, pero de xeito especial para aqueles que viven no rural”.

O ámbito rural tivo, precisamente, un particular protagonismo na orde do día da xunta directiva. En nome de todos os membros, o presidente provincial felicitou e expresou a satisfacción dos populares polo nomeamento de José González como conselleiro de Medio Rural.

González aproveitou a ocasión para agradecer ao PP ourensán e ao presidente provincial a confianza depositada na súa persoa para formar parte das listas das autonómicas de 2016, “o que me permitiu traballar desde o Parlamento por un rural de futuro, a partir de agora con maior intensidade e por suposto sempre mirando á nosa provincia”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: