Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Jesús Vázquez afirma que “somos o Ourense que quere a Ourense e fronte nós non hai nada”

Imprimir ppou - 15-Septembro-2018 - 17:29:04 


• Na presentación da súa candidatura e do seu modelo de cidade que chamou “Ourensanamente”, Vázquez recalcou que  “temos ganas de seguir apostando por facer desta capital o destino perfecto, a cidade modélica, cos barrios máis humanos e rúas máis accesibles, poñendo en valor que a nosa credibilidade e a nosa eficacia”.

• O presidente provincial, Manuel Baltar, afirmou que “neste tempo, o noso candidato demostrou a súa capacidade de diálogo, o seu talante e educación, cualificativos que marcan a diferenza con outras formacións, cuxo comportamento convertiron en infames estes tres anos”.

15, setembro, 2018.

O presidente da xunta local do Partido Popular de Ourense e alcalde da capital, Jesús Vázquez Abad, reafirmou esta mañá a súa “especial ambición” á hora de presentar a súa candidatura ás municipais de 2019. “Nunca algo grande naceu dun pensamento pequeño –enfatizou- e Ourense necesita un modelo de cidade propio que eu ofrezo, un modelo que xere tranquilidade e unha boa forma de vivir”. “Somos o Ourense que quere a Ourense e fronte a nós non hai nada”, subliñou Jesús Vázquez no Campus Universitario, onde se deron cita numerosos militantes e simpatizantes apara arroupar ao candidato, tamén acompañado polo presidente provincial do PP, Manuel Baltar, e o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoó.

  
  
O candidato popular recalcou que no modelo de cidade que ten prantexado para os vindeiros catro anos, e que chamou “Ourensanamente”, “seremos un referente porque porá ás persoas como principio e como fin e aos políticos que a xestionan como servidores da cidadanía que deposita en nós a súa confianza”. Unha cidade como Ourense non se xestiona soa, engadiu, “necesita unha xestión con sentidiño”.

Na presentación da súa candidatura, Vázquez recalcou que  “temos ganas de seguir apostando por facer de Ourense o destino perfecto, a cidade modélica, cos barrios máis humanos e rúas máis accesibles, poñendo en valor que “a nosa credibilidade, a nosa eficacia e a nosa forza seguen seguirán sendo os principais motores do noso traballo”.

Jesús Vázquez abundou en que o seu modelo de cidade está baseado en responder “ás nosas necesidades, inquietudes e a nosa propia realidade, que traslade unha forma de vivir con calidade de vida e cuns cuns programas que garantan a calidade de vida das familias e uns servizos personalizados”. O candidato popular falou tamén de “infraestruturas que permitan movernos con axilidade, cuns espazos que fomenten a creatividade e a innovación; en definitiva, pensar en solucións aos problemas que formula á sociedade”.

MANUEL BALTAR APOSTA POLA CAPACIDADE DE DIÁLOGO E COOPERACIÓN DO CANDIDATO
“Neste tempo, o noso candidato demostrou a súa capacidade de diálogo, o seu talante e educación”, dixo pola súa banda o presidente provincial do PP, Manuel Baltar, para quen estes cualificativos marcan “a diferenza con outras formacións, cuxo comportamento convertiron en infames estes tres anos de mandato”.

Os cidadáns han entender que Ourense non pode permitir que eses comportamentos teñan paralizada a cidade “e que Jesús Vázquez é o candidato que pode darlle o pulo que necesita”. O candidato, engadiu Baltar, “e a imaxe da cooperación con outras administracións, coa Deputación, coa Xunta, colaboración que ten e terá a súa repercusión positiva en Ourense”.

Manuel Baltar lembrou que hoxe se celebra o Día Internacional da Democracia “e que mellor escenario que este –en referencia ao campus universitario- para falar de talento, de creatividade, de innovación, que é o que cualifica ao Partido Popular de Ourense, ademais de ser berce do pensamento galeguista”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: