Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

  Manuel Baltar: “O PP sae deste Congreso máis forte que nunca e dando todo un exemplo de democracia interna”

Imprimir ppou - 21-Xullo-2018 - 17:00:41 


• O presidente provincial felicitou ao novo líder nacional dos populares, Pablo Casado, pola súa clara victoria, afirmando que “o Partido Popular é o gran gañador neste proceso, pois hoxe comezamos unha nova etapa, cun liderado sólido, un partido renovado e co obxectivo de volver a gobernar”.

21, xullo, 2018.

O presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, felicitou hoxe en nome de todos os populares ourensáns ao novo presidente nacional da formación, Pablo Casado, “vencedor claro na votación”, nun congreso do que “o PP sae máis forte que nunca e dando todo un exemplo de democracia interna”.

  
  
Manuel Baltar foi rotundo á hora de asegurar que “o Partido Popular é o gran gañador neste proceso, pois hoxe comezamos unha nova etapa, cun liderado sólido, un partido renovado e co obxectivo de volver a gobernar para garantir o progreso deste país”. 

O presidente provincial afirmou que unha vez pechado este proceso “é o momento de poñerse a traballar todos na mesma dirección para conseguir de novo a confianza maioritaria dos electores”, lembrando que o próximo curso político “ven marcado polas eleccións máis importantes que existen, as municipais, de onde saen os gobernos autonómicos e nacionais máis fortes”, aspecto que tamén remarcou Pablo Casado na súa intervención diante do plenario do congreso extraordinario.

“Hai días falaron os afiliados, agora os compromisarios e en menos dun ano falarán todos os ourensáns nas urnas cos seus votos –sinalou-, polo que compre imprimir máis intensidade ao labor previo, presentado na nosa convención dos Milagres, como sempre facemos todos aos anos, un proxecto renovado e ilusionante”.

Precisamente Baltar lembou que o novo presidente nacional, durante a súa visita á sede provincial, puxo ao PP de Ourense como exemplo dun partido aberto á sociedade e que cumpría cos tres principios básicos do seu programa como son ilusión, renovación e unidade, “polo que non é casualidade que os populares ourensáns gañen elección tras elección con resultados moi importantes”, dixo Casado nalquel momento.


Suscíbete:
Redes Sociales: