Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Manuel Baltar no congreso nacional extraordinario do PP: “Rajoy fixo un discurso profundamente municipalista, recoñecendo o labor que fan os alcaldes e concelleiros”

Imprimir ppou - 20-Xullo-2018 - 21:09:41 


  
  
























• O presidente provincial destacou a “merecidísima ovación a quen traballou 40 anos na política e no partido defendendo sempre os mesmos principios.

• Mañá “é un día para elixir, pero tamén para unir no obxectivo de que se siga a recoñecer ao PP como a formación política na que a xente pode confiar, como fixeron ata o de agora en España e en Ourense”, dixo Baltar. 


20, xullo, 2018.

“Mariano Rajoy fixo un discurso profundamente municipalista, recoñecendo o labor que fan os alcaldes e concelleiros que sempre están a disposición dos vecinos e, como dixo, dos políticos que percorren rúas e pobos”. Así valorou o presidente provincial do PP, Manuel Baltar, o discurso que esta tarde pronunciou Mariano Rajoy na súa despedida como presidente nacional da formación popular. Unha intervención, destacou Baltar, “que recibiu unha merecidísima ovación de quen traballou 40 anos na política e no partido defendendo sempre os mesmos principios”.

Manuel Baltar subliñou que Rajoy foi quen de facer o que ningún goberno fixera ata entón, “xestionando os anos máis difíciles da nosa democracia como consecuencia dunha profunda crise económica”. Rajoy, engadiu o presidente provincial, “non só evitou o rescate de España, senón que logrou melloras en todos os ámbitos e sectores e, sobre todo, conseguiu recuperar 2,8 millóns de empregos”.

Para o presidente provincial, Mariano Rajoy tivo unha intervención de moita altura, citando o seu talante positivo “e reivindicando o noble oficio da política, porque como moi ben dixo tivo a honra de ser político”.

Sen deixar de destacar o gran ambiente vivido no plenario do dezanove congreso do Partido Popular, no que están presentes 85 representantes da provincia de Ourense, Baltar subliñou a importante xornada que se desenvolverá mañá, “un día para elixir, pero tamén para unir no obxectivo de que se siga a recoñecer ao PP como a formación política na que a xente pode confiar, como fixeron ata o de agora en España e en Ourense”.

Suscíbete:
Redes Sociales: