Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP presenta unha iniciativa para desenvolver unha lei que regule a profesión de Educación Social

Imprimir ppou - 12-Xullo-2018 - 13:18:39 


• O deputado popular Manuel Doval subliñou “o importante labor de intervención educativa e dinamización que poden levar a cabo os educadores sociais en entornos rurais, caracterizados como no caso de Ourense polo despoboamento e a dispersión dos seus habitantes”.

Ourense, 12 de xullo.- O grupo provincial popular presentará no pleno ordinario de xullo unha proposta de apoio á iniciativa posta en marcha polos educadores sociais, para que tanto a Xunta de Galicia como o Goberno central desenvolvan unha lei de regularización da profesión de Educación Social. Coa súa moción, os populares queren que a Deputación de Ourense se sume á campaña que están a realizar estos profesionais, cos que ven de colaborar a institución provincial, “polo importante labor de intervención educativa e dinamización que poden levar a cabo en entornos rurais, caracterizados como no caso de Ourense polo despoboamento e a dispersión dos seus habitantes”, sinalou o deputado Manuel Doval Soto.

O 27 de decembro do pasado ano, o Consello Xeral de Colexios de Educadores Sociais de España presentou diante do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, así como no Congreso dos Deputados, unha petición para que se redactara a citada lei, comezando ao mesmo tempo unha campaña na que pedían o apoio de institucións, entidades e particulares.

Logo da adhesión de numerosas institucións, entre as que figuran deputacións, parlamentos autonómicos e universidades, o grupo popular “trae ao pleno esta petición, por acoller precisamente no noso campus a formación de educadores sociais e polo gran labor que poden desenvolver no ámbito rural”, apuntou Doval Soto.

O deputado do PP destacou que máis do 80 % do territorio ourensán é rural, cunha marcada despoboación e dispersión, “e os educadores sociais poden  promover accións que amplíen as perspectivas educativas, laborais, de saúde, culturais, de ocio e de participación social dos habitantes destas zonas, reducindo tamén a fenda tecnolóxica e dándolles o protagonismo proxectos que desenvolvan na súa comunidade”.

Manuel Doval lembrou, ademais, que a Deputación de Ourense ten unha extensa traxectoria de colaboración coa comunidade educativa da Universidade de Vigo, “polo que non podemos ser alleos a unha iniciativa que implique unha mellor cualificación e recoñecemento profesional dos futuros educadores sociais”.

A Deputación, engadiu, colaborou activamente no I Congreso Internacional de Educación Social e nas III Xornadas de Educación Social e Escola, celebrados en 2016, así como na publicación do libro que recolle as actas de ambas as dúas citas e que foi presentado no Pazo Provincial a primeiros do pasado mes de abril.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: