Noticias
Blog
Lorenzo González afirma que Carballeda de Avia non dispón de espazo público para a ximnasia
O portavoz do grupo municipal do PP en Carballeda de Avia, Lorenzo González, insta o grupo de goberno a investir en infraestruturas deportivas. As reclamacións prodúcense por mor das condicións nas que un grupo de 15 veciños realizan ximnasia nun local particular e mal acondicionado debido á ausencia de instalacións públicas adecuadas. “É un local frío, húmido e incomodo para a realización do aeróbic”, afirma o concelleiro da oposición.
O certo é que o grupo afectado xa probou previamente outras tres alternativas sen que finalmente ningunha delas se adaptase ás súas necesidades. O único pavillón dispoñible na localidade é o do colexio público. Alí iniciouse a actividade até que coa dureza do inverno os participantes desistiron, xa que soamente está cuberto o teito. Logo propúxolles un local no interior do centro, pero o espazo era reducido e incómodo, así que se trasladaron ao edificio do centro de día. Unha vez máis deberon de abandonar o lugar porque danaban o pavimento do chan.
Lorenzo González considera “una bulra aos vecinos” que desde o Concello non se teña buscado una solución a este problema, “o que demostra o escaso interés do alcalde por contribuir á mellora de actividades que fomenten unha vida saudable entre os vecinos e veciñas de Carballeda de Avia”.