Noticias
Blog
A militancia ourensán do PP responde á chamada ás urnas cun 95 % de participación
• Soraya Saénz de Santamaría (206), María Dolores de Cospedal (177) e Pablo Casado (94) foron os precandidatos que máis votos recibiron.
• O presidente provincial, Manuel Baltar, amosou a súa satisfacción polo desenvolvemento dunha xornada electoral “na que os poulares ourensáns falaron con absoluta liberdade”.
7, xullo, 2018.
Os militantes ourensáns do PP responderon á chamada ás urnas na primeira volta das eleccións á presidencia nacional do partido cunha elevada porcentaxe de participación que acadou o 94,57 %, é dicir, 488 votos emitidos dun censo de 516 inscritos, nunha xornada electoral que se desenvolveu coa máis absoluta normalidade nas dez mesas habilitadas noutros tantos puntos da provincia.
Logo do reconto, Soraya Saénz de Santamaría, con 206 papeletas, foi a precandidata que máis votos recibiu. María Dolores de Cospedal alcanzou o segundo posto, con 177 votos, e Pablo Casado obtivo 94. José María Margallo con 4; José Ramón García con 3; e Elio Cabanes con 1 voto completan o resultado final.
Nos dez colexios elctorais tamén estaba habilitada unha segunda urna para os mozos de Novas Xeracións, que tiñan que escoller a un compromisario para o congreso extraordinario. Tamén neste caso a participación foi maioritaria, posto que dun censo de 26 mozos votaron 25.
“O momento da militancia”
O presidente provincial, Manuel Baltar, amosou a súa satisfacción polo desenvolvemento dunha xornada electoral “na que os poulares ourensáns falaron con absoluta liberdade”. Hoxe, engadiu, “foi o momento da militancia, o escenario que debuxou Mariano Rajoy o día no que convocou o congreso extraordinario”.
Para Manuel Baltar, a elevada porcentaxe de participación dos afilaidos inscritos neste proceso é unha mostra máis da mobilización da que fai gala o PP de Ourense, “que en xullo contribuirá coa súa delegación a construír un partido para gobernar de novo”.