Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 María Dolores de Cospedal, precandidata á presidencia nacional do PP: “O 22 de xullo imos saír do congreso con máis fortaleza que nunca e cun liderado forte para gañar as eleccións”

Imprimir ppou - 29-Xuño-2018 - 22:12:54 


• “Somos o instrumento político máis importante que hai en España, polo que temos a obriga de recuperar a ilusión, a confianza dos cidadáns e dos votantes.

• Manuel Baltar presentou á precandidata como membro “do mellor goberno que tivo España e unha secretaria xeral que defendeu ao partido e ás persoas”.


29, xuño, 2018.

“O 22 de xullo imos saír do congreso con máis fortaleza que nunca e cun liderado forte para gañar as eleccións”, dixo a precandidata á presidencia nacional do PP, María Dolores de Cospedal, durante o encontro que esta tarde mantivo en Ourense cos afiliados e no que estvo acompañada polo presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoó, e polo presidente provincial, Manuel Baltar. Na súa intervención, Cospedal amosou a súa satisfacción por poder estar en Ourense, “unha provincia que é un exemplo de como gañar e facelo por maioría absoluta conseguindo os mellores resultados de toda España”.

  
  
A precandidata, que debuxou un escenario político e de goberno “moi complicado”, afirmou que os españois necesitan un referente como é o Partido Popular, que “está a vivir un proceso de debate interno, de ideas, de proxecto político e non de persoas”.

“Somos o instrumento político máis importante que hai en España, un dos máis importantes de Europa e o único que ten unha idea clara da unidade e pluralidade do noso país”, afirmou Cospedal, “polo que temos a obriga de recuperar a ilusión, a confianza dos cidadáns e mesmo dos nosos votantes”.

En recoñecemento ao labor de Mariano Rajoy á fronte do goberno nestes anos, Dolores de Cospedal pediu “devolverle ao mellor presidente da democracia, a quen deu o mellor para o seu partido e para España, un partido cheo de enerxía e espírito gañador”.

Sen dexiar de apostar pola renovación, “pero non transformarnos en algo que non sexamos”, avogou por un partido orgulloso do seu legado e adaptado aos tempos”, pedindo que deste proceso “saiamos máis unidos que nunca, sen feridas nin fracturas”.

“Estamos orgullosos de ter entre nós a unha precandidata que pertenceu ao mellor goberno que tivo España e unha secretaria xeral que defendeu ao partido e ás persoas”, dixo pola súa banda o presidente provincial, Manuel Baltar, no inicio do encontro.

Baltar fixo referencia ao goberno provincial, “a única deputación con maioría absoluta en Galicia”, e ao goberno local, “o único do PP nas capitais galegas, para subliñar que “os gobernos saen dos partidos e non ao contrario”. Nesta liña defendeu a necesidade de traballar con intensidade “para ter un partido forte que volva a gobernar e, ademais, temos un bo exemplo en Galicia onde Feijoo fabricou un partido gañador”.

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoó, pechou o acto asegurando que “imos construír unha alternativa para que dun xeito rápido ofrezamos un proxecto para a gran maioría dos españois”. Lembrou Feijoó que en 2006 tamén houbo un proceso de relevo en Galicia “pero logo do congreso pechamos filas e nos puxemos a traballar para conseguir o goberno, e o conseguimos porque o partido colleu músculo”. Unha vez pechadas as urnas, dixo, “hai que poñerse á orde da persoa que resulte elixida presidente do partido”.





Suscíbete:
Redes Sociales: