Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Soraya Sáenz de Santamaría, precandidata á presidencia nacional do PP: “O PP de Ourense é un exemplo do que temos que facer para volver a gañar”

Imprimir ppou - 28-Xuño-2018 - 23:19:22 


  
  

• Santamaría dixo presentar a súa candidatura “porque creo que podo axudar ao meu partido a gañar as eleccións municipais de 2019 e porque podo gañar a Sánchez nas próximas xerais”.

• O presidente provincial, Manuel Baltar, subliñou que ademais de novos valores que deron un paso adiante neste proceso electoral, “o PP aporta a enorme experiencia de persoas como Soraya”.

28, xuño, 2018.

“O PP mira moito para Ourense, porque o PP de Ourense é un exemplo do que temos que facer para volver a gañar”, declarou a precandidata á presidencia nacional do PP, Soraya Sáenz de Santamaría, que esta tarde estivo en Ourense para presentar aos militantes ourensáns o seu programa electoral. Unha afirmación que subliñou sinalando que “agora que todo o mundo quere parecerse a outra cousa eu quero ser Soraya, ser do PP e gañar como gaña Baltar”. 

Acompañada por Fátima Báñez, deputada por Huelva e ex ministra de Emprego, Sáenz de Santamaría dixo presentarse á presidencia do PP nacional “porque creo que podo axudar ao meu partido a gañar as eleccións municipais de 2019 e porque podo gañar a Sánchez nas próximas xerais”.

O Partido Popular, engadiu, “ten que estar a punto para recuperar un goberno que lle arrebataron inxustamente aos españois”. Este é un momento moi importante para os afiliados e para España, dixo, “xa que temos a oportunidade de elixir non só ao presidente do noso partido senón tamén a quen vai ser o candidato á presidencia do goberno”.

No inicio do encontro, o presidente provincial do PP, Manuel Baltar, enfatizou que o PP “é un partido de goberno que ten a obriga de recuperar para os españois a dirección desta nación”.

Hoxe, engadiu, “o que estamos a ver e que ademais de novos valores que deron un paso adiante neste proceso electoral, o PP aporta a enorme experiencia de persoas como Sáenz de Santamaría”. 


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: