Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Pablo Casado, precandidato á presidencia nacional do PP en Ourense: “A miña proposta xira en torno á recuperación da ilusión, da renovación e da unidade”

Imprimir ppou - 23-Xuño-2018 - 19:15:09 


• Casado estivo esta tarde na sede provincial dos populares ourensáns para presentar as principais liñas da súa candidatura ante afiliados, cargos e membros dos órganos de dirección.

• O presidente provincial, Manuel Baltar, afirmou que “esta é unha sede aberta a todos os  precandidatos, dos que imos escoitar as súas propostas e os afiliados terán despois a palabra”.


23, xuño, 2018.

“Ourense é o  exemplo dun partido  aberto  á  sociedade,  onde  non  é casual que Manuel Baltar  gañase elección tras elección con importantes resultados”,  dixo esta tarde na sede provincial dos populares ouresáns ou precandidato á presidencia nacional do PP, Pablo Casado, onde presentou ás súas  propostas a afiliados, cargos electos e  membros dos órganos de dirección do partido.
  
  

Casado fixo virar a súa proposta ao redor de tres eixos: ilusión, “porque é imprescindible que o partido se revitalice, volva ser unha alternativa  atractiva para os electores e recuperemos o espazo perdido en beneficio doutros partidos”; renovación, “nun proceso construtivo onde ninguén sobra pero no que hai que facer espazo para captar talento”; e unidade “que garanto coa miña candidatura, pois un partido crebado nun partido perdedor”.

Pablo Casado subliñou, en alusión ao novo proceso de elección, que “os nosos  mlitantes son os xefes e eu quero ser o presidente das bases, non dos notables, o presidente da rúa e non dos despachos”.

Cunha chamada a escoitar a voz dos militantes, o  precandidato á presidencia  nacional do PP afirmou que sempre respectará as decisións das organizacións territoriais, “pero vertebrando un proxecto nacional e con ambición de futuro”, engadindo que se é elixido non haberá tempo que perder ante o período electoral que se aproxima, “polo que tan pronto finalice o congreso haberá que empezar xa a nomear os candidatos”.

En referencia aos populares de Ourense engadiu que “non é casual que esteamos a gobernar na capital e á fronte da Deputación, porque iso conséguese grazas a unha campaña permanente, pegada ao territorio e que aposta polas súas potencialidades e o rural”. 
Pola súa banda, o presidente provincial do PP, Manuel Baltar, na presentación do  precandidato, na que tamén estaba presente o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, destacou o exemplo de democracia do PP “que queda patente no número de persoas que deron un paso á fronte”. “Esta é unha sede aberta a todos os  precandidatos, dos que imos escoitar as súas propostas e os afiliados terán despois a palabra”, engadiu Baltar animando á participación.


Suscíbete:
Redes Sociales: