Noticias
Blog
O PP de Ourense convoca as asembleas de votación para a elección de precandidatos e compromisarios para o congreso extraordinario de xullo
O Partido Popular de Ourense convocou hoxe as asembleas de votación para a elección de precandidatos á presidencia do PP nacional e dos 72 compromisarios que asistirán ao congreso extraordinario que se celebrará os días 20 e 21 de xullo.
Para votar en ambos os dous procesos é imprescindible cumprir cos seguintes requisitos:
a) Ter a condición plena de afiliado e estar ao corrente de pagamento nas cotas de afiliación.
b) Inscribirse no procedemento.
Podes consultar e descargar aquí o documento oficial para participar na votación á/ao precandidat@ á presidencia nacional, que deberás asinar coa sinatura orixinal e entregalo na sede provincial, non valendo o envío por fax, correo electrónico ou calquera outro método de envío antes do luns, 25 de xuño, ás 14:00 horas.
Podes consultar e descargar aquí o documento oficial para participar na votación para a elección de compromisari@s, que deberás asinar coa sinatura orixinal e entregalo na sede provincial, non valendo o envío por fax, correo electrónico ou calquera outro método de envío antes do venres, 29 de xuño, ás 14:00 horas. Xunto con este papel e dentro do prazo establecido no punto anterior, terás que ter presentado tamén a túa solicitude para participar na votación ao precandidat@ á presidencia nacional do Partido Popular.
Ambos os dous procesos desenvolveranse do seguinte modo:
1.- O día 5 de xullo en horario de 09:30 á 20:30 horas celebraránse as dúas votacións.
2.- Disporase en cada local dunha única urna para a votación á/ao precandidat@ á presidencia nacional e de tantas urnas como xuntas locais tivesen asignad@s compromisari@s a elixir.
3.- A partir do día 27 de xuño actualizaranse, dentro de cada lugar establecido (que non variará baixo ningún concepto) para a votación, as xuntas Locais que poderán participar na votación á/ao precandidat@ á presidencia nacional, só tendo en conta aquelas que teñan afiliad@s inscritos para poder participar na elección.
4.- A partir do día 2 de xullo actualizaranse, dentro de cada lugar establecido (que non variará baixo ningún concepto) para a votación, as xuntas locais que poderán participar na votación á elección de compromisari@s, só tendo en conta aquelas que teñan afiliad@s inscritos para poder participar na elección.
Localización das sedes de votación segundo as xuntas locais do partido na provincia: