Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

  Os militantes elixirán a 72 compromisarios para o congreso extraordinario de xullo

Imprimir ppou - 12-Xuño-2018 - 17:36:00 


• Serán escollidos entre as 92 xuntas locais da provincia. 

• No Comité Executivo celebrado hoxe, o presidente provincial, Manuel Baltar, afirmou que o partido “ven de amosar, unha vez máis, que sempre está preparado para afrontar calquera situación, por imprevista que sexa”.

12, xuño, 2018.

O comité executivo provincial do Partido Popular iniciou hoxe os trámites para a elección dos representantes da formación ourensá no congreso extraordinario de xullo, do que sairá o novo presidente nacional do PP. Os militantes da provincia, a través das 92 xuntas locais, haberán de elixir un total de 72 compromisarios, un máis que para o congreso nacional celebrado en febreiro de 2017, segundo o reparto por datos de afiliación aprobado na xunta nacional do partido celebrada o pasado luns.
  
  
  
A delegación completarase cun representante máis escollido pola organización xuvenil Novas Xeracións e outras doce persoas que se corresponden cos compromisarios natos, é dicir, o presidente provincial, deputados e senadores, o presidente do Parlamento galego, o alcalde da capital e outras dúas ourensás máis, a presidenta do PP en Panamá e unha representante da organización xuvenil a nivel nacional.

Segundo o establecido no regulamento, o calendario a seguir será o seguinte:

Do 18 ao 20 de xuño, ás 14 horas: presentación de precandidaturas.
Día 20: convocatoria de asambleas.
Día 22: proclamación das precandidaturas.
Do 23 de xuño ao 4 de xullo: campaña electoral de 12 días.
25 de xuño: fin do plazo inscrición de participantes (os membros natos xa figuran automáticamente inscritos desde a convocatoria).
29 de xuño: Fin do prazo de presentación de compromisarios (para presentarse como compromisario é indispensable terse inscrito como participante no prazo establecido, ata o 25 de xuño).
5 de xullo: Votación nas sedes, nas que só poderán participar os inscritos como participantes. Haberá unha urna para votar aos precandidatos á presidencia e outra para votar aos compromisarios (sempre e cando concorran máis candidatos que prazas asignadas).

O Partido Popular de Ourense é o primeiro de Galicia en dar comezo aos trámites de representación para a cita extraordinaria de xullo, “o que ven de amosar, unha vez máis, que a nosa formación está sempre preparada para afrontar calquera situación, por imprevista que sexa”, dixo na reunión desta tarde o presidente provincial Manuel Baltar

O presidente popular tamén destacou a importante representación ourensá, “que gaña un compromisario máis dos 2.612 que serán elixidos no resto das provincias, cunha proporción de maior peso que outras zonas semellantes ou mesmo con máis poboación”.




(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: