Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Manuel Baltar: “O anuncio de hoxe amosa a grandeza, xenerosidade e vocación de servizo a España e ao PP de Rajoy”

Imprimir ppou - 05-Xuño-2018 - 19:08:31 


• “Os milleiros de militantes do partido na provincia e todos os representantes públicos populares temos a obriga de felicitar a Mariano Rajoy polo seu compromiso, implicación e militancia popular”, afirmou o presidente popular ourensán.

• Baltar lembrou que o presidente nacional sempre estivo apoiando ao Pp de Ourense, “protagonizando actos electorais, preocupándose sempre e felicitándose polos resultados, sendo un gran presidente, exemplo de tolerancia, de accesibilidade e de permanente servizo aos principios que defendemos no noso partido”.

5, xuño, 2018.

“O anuncio de hoxe é unha mostra máis da xenerosidade, grandeza e vocación de servizo a España e ao PP de Mariano Rajoy, pensando no interese xeral do seu país e do seu partido”, manifestou o presidente provincial do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, logo de coñecer a decisión do líder popular de deixar a presidencia nacional do partido.

  
  
En nome dos populares ourensáns, Baltar agradeceu a Mariano Rajoy todo o tempo que estivo na presidencia da formación política máis importante de España e no goberno da nación, así como a entrega amosada nestes oito anos nos que ambos os dous coincidiron exercendo a presidencia do partido a nivel nacional e provincial, sen esquecer a colaboración co goberno de España nos seis anos nos que Manuel Baltar leva como presidente do goberno provincial.

“Mariano Rajoy fixo que España recuperara a súa situación económica e credibilidade internacional, creado emprego e transitando con firmeza a senda da recuperación”, afirmou Baltar, para quen “os milleiros de militantes do partido na provincia e todos os representantes públicos populares temos a obriga de felicitar a Mariano Rajoy Brey polo seu compromiso, implicación e militancia popular”.

Mariano Rajoy, lembrou o presidente provincial, estivo sempre ao lado do Partido Popular de Ourense, “protagonizando actos electorais, apoiando, preocupándose sempre e felicitándose polos resultados, sendo un gran presidente, exemplo de tolerancia, de accesibilidade e de permanente servizo aos principios que defendemos no noso partido”. “Foi unha honra militar no Partido Popular baixo a presidencia de Mariano Rajoy e desde o PP ourensán desexámoslle todos os éxitos persoais  e profesionais que o futuro lle ten reservados”, engadiu.

Manuel Baltar, diante do congreso extraordinario que agora haberá de convocar a xunta nacional do partido,  asegurou que o PP ”aproveitará esta oportunidade para renovar equipos e proxecto, apostando sempre pola nosa vocación de servizo e utilidade á sociedade, a quen debemos servir e representar con dignidade”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: