Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Pablo Pérez: “Por diante de calquera estratexia partidista está sempre o beneficio da veciñanza”

Imprimir ppou - 23-Maio-2018 - 19:18:55 


• Coas súas declaracións, o secretario de organización do PP de Ourense pon en valor a decisión dos populares do Carballiño, que coa súa abstención no pleno de hoxe evitaron o bloqueo do Concello ao facilitar a aprobación dos orzamentos.

23, maio, 2018.

“Temos ben claro que por diante de calquera estratexia partidista está sempre o beneficio da veciñanza”, sinalou hoxe o secretario de organización do Partido Popular de Ourense, Pablo Pérez, á hora de valorar a abstención dos populares do Carballiño no pleno celebrado esta mañá e que permitiu a aprobación dos orzamentos municipais de 2018, evitando así o bloqueo dos investimentos previstos.

Pablo Pérez subliñou a “altura de miras” do grupo popular no concello carballiñés, en contraposición ao bloqueo sistemático que a oposición está a realizar no Concello de Ourense “sen importar os cidadáns e o futuro da cidade, aportando únicamente alternativas que só procuran o beneficio electoralista propio”.

O secretario de organización do PP lembrou que con calquera orzamento “están en xogo infraestruturas e servizos moi importantes para os cidadáns e se se queren facer aportacións para iso está o periodo de alegacions”.

Precisamente iso espera Pablo Pérez do goberno socialista carballiñés. “Agora toca mellorar o proxecto orzamentario e esperemos que o alcalde entenda que o grupo popular tamén pode facer positivas aportacións, en especial para o plan de investimentos con cargo ao superávit do 2017”.

Pérez afirmou que agarda que os veciños do Carballiño tamén valoren positivamente a decisión do PP no pleno de hoxe, “e que a veciñanza da capital tamén se decate de que sempre hai alternativas políticas que benefician aos cidadáns, lonxe do bloqueo continuo e partidista”.


Suscíbete:
Redes Sociales: