Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 O PP reafirma “o seu nítido compromiso coa lingua, a literatura e a cultura galega” no Día das Letras Galegas

Imprimir ppou - 18-Maio-2018 - 11:36:52 


• Esta xornada representa o espírito dun pobo que foi configurando a súa idiosincrasia ao redor do feito diferencial que supón posuír unha lingua propia.

17, maio, 2018.

Como cada 17 de maio, os galegos conmemoramos o Día das Letras Galegas, unha celebración que se institucionalizou para defender e por en valor a lingua e a literatura galegas. Escolleuse o 17 de maio porque esa foi a data da edición do libro de Rosalía de Castro Cantares Gallegos, primeira gran obra mestra da nosa literatura. 

Desde o Partido Popular de Ourense queremos sumarnos a esta celebración reafirmando o nítido compromiso da nosa formación política coa lingua, a literatura e a cultura galega, como así o fará nas institucións nas que goberna organizando, a través da Deputación de Ourense e con motivo do cen aniversario do seu nacemento, unha homenaxe á primeira muller que publicou na nosa lingua en xornais e revistas galegas e da emigración logo da Guerra Civil: Pura Vázquez.

Un compromiso que tamén quedará patente na celebración da Ourensanía, que na edición deste ano terá como protagonista a un home para quen ser galeguista obrigaba “a falar en galego, porque iste é o noso feito diferencial que temos que cultivar con todo agarimo si queremos ser nós”. Así falaba Xosé Ramón Fernández-Oxea, Ben Cho Shey.

Os populares ourensáns seguiremos velando pola nosa lingua a través da terapia máis efectiva, o seu uso. O uso dunha lingua que, como demostran a historia e as celebracións como a que hoxe nos reúne, representa o espírito dun pobo que foi configurando a súa idiosincrasia dese feito diferencial que supón, como din os nosos poetas e escritores, posuír unha lingua propia.

Por todo isto, desde o Partido Popular de Ourense continuaremos a ser abandeirados na defensa da lingua e a cultura galega, ferramenta fundamental para construír a Galicia do futuro.


Suscíbete:
Redes Sociales: