Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 O PP propón una mellora da transparencia nos gastos e xustificacións das asignacións aos grupos políticos

Imprimir ppou - 11-Maio-2018 - 17:44:27 

  • A moción popular considera necesario establecer un mecanismo que garanta a transparencia do destino das aportacións ás formacións, cunha documentación específica que estará sempre a disposición do pleno, será fiscalizada pola Intervención Xeral da Deputación e remitida ao Tribunal de Contas.

Ourense, 11 de maio de 2018.- Co obxectivo de dar un paso máis no ámbito da transparencia, o grupo popular presentará no pleno ordinario do presente mes unha proposta para a mellora da regulación das asignación aos partidos políticos representados na corporación provincial, que inclúe a introdución dun mecanismo de xustificación dos gastos realizados con cargo á citada asignación, así como os controis necesarios para garantir unha total transparencia no financiamento dos respectivos partidos.

A moción do PP ten como punto de partida a implicación do Goberno provincial coa transparencia institucional e económica e co acceso á infomación por parte dos cidadáns. 

Unha liña de traballo determinada pola Lei de Transparencia de 2013 que recolle o dereito do cidadán a estar correctamente informado e a ter un axeitado grao de participación nas decisións que lle afectan. Dereitos que o Goberno do PP na Deputación decidiu impulsar coa posta en marcha de diferentes iniciativas.

Agora, o grupo popular vai máis aló no ámbito da transparencia e bo goberno cunha iniciativa que procura xerar unha maior confianza e credibilidade na veciñanza, a través do control e xustificación dos gastos que os partidos políticos representados na corporación provincial fan con cargo ás asignacións que perciben.

A proposta supón unha modificación do apartado C) da base 67ª das bases de execución dos orzamentos da Deputación no tocante ás asignacións ás formacións políticas, que reciben 900 euros mensuais por grupo e outros tantos por cada un dos seus deputados.

O PP entende, por unha banda, que é preciso regular expresamente a posibilidade de destinar estas asignación ao financiamento dos partidos, establecendo os controis necesarios para garantir unha total transparencia nesta materia.

Ademais, considera necesario establecer un mecanismo de xustificación dos gastos realizados con cargo a estas subvencións, “que ata agora non se esixía de maneira formal”, sen deixar de respectar a autonomía de cada grupo para decidir a que dedica este diñeiro pero sempre no marco da lei.
No tocante ás aportacións para o financiamento de gastos ordinarios de partido, a moción popular propón unha contabilidade específica que se porá a disposición do pleno sempre que se lle requira, unha xustificación semestral deses gastos e copia do extracto bancario no que se reflictan todos os movementos da conta corrente aberta polo grupo político.

Toda esa información, que será fiscalizada pola Intervención Xeral da Deputación, estará accesible aos cidadáns no portal de transparencia da institución provincial e remitirase ao departamento de partidos políticos do Tribunal de Contas.

No caso de que non se presenten os documentos requiridos ou haxa un informe negativo da Intervención Xeral “quedarían automáticamente suspendidos os pagamentos das cantidades recoñecidas ata que non se proceda a regularizar esta situación”, engade a proposta.

Ademais, ao remate do mandato cada grupo deberá xustificar todas as asignacións recibidas e liquidadas as dotacións, tendo en conta que no caso de existir excesos de financiamento deberán reintegrar ese exceso na tesourería provincial.


Suscíbete:
Redes Sociales: