Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Os deputados ourensáns pedirán a Fomento unha aposta máis firme polas comunicacións entre Ourense e Lugo

Imprimir ppou - 30-Abril-2018 - 16:38:46 


• Nunha reunión co grupo de traballo da autovía A-56, Celso Delgado e Miguel Ángel Viso  afirmaron que chegou o momento “de darlle un forte impulso á construción da autovía A-56 e conseguir que se executen as cantidades presupostadas e se avance nos proxectos de todos os tramos".

30, abril, 2018.

Un compromiso máis firme pola autovía A-56 (Ourense-Lugo) e a exe-cución orzamentaria das partidas previstas para este proxecto, esencial nas comunicacións do eixo interior de Galicia. Esta é a mensaxe que os deputados populares ourensáns Celso Delgado e Miguel Ángel Viso trasladarán ao Ministerio de Fomento e ao Goberno central, logo de es-coitar ao grupo comisionado para o impulso desta autovía, constituído a pasada semana en Chantada, e con cuxos representantes se reuniron esta mañá na Casa do Concello de Vilamarín. 
  
  

A este encontro, celebrado a iniciativa dos deputados ourensáns, asisti-ron os alcaldes de Vilamarín, Amador Vázquez; Coles, Manuel Rodrí-guez; Chantada,  Manuel Varela;  Carballedo, Julio Yebra; o empresaeio Lisardo Gonzáleza e o presidente da CEO, José Manuel Pérez Canal, acompañado polo vicepresidente e o secretario da Confederación, Alejandro Cruz e Jaime Pereira, respectivamente.

Os representantes do PP no Congreso escoitaron de primeira man as inquedanzas dos alcaldes e empresarios sobre o estado actual das co-municacións entre Ourense e Lugo, incluído o mal estado do firme na estrada N-540 en territorio da provincia de Lugo. Sobre este último punto, Celso Delgado, presidente tamén da Comisión de Fomento no Congreso, recordou que existe o compromiso da Dirección Xeral de Estradas de abordar de xeito inmediato a reparación desta vía.  

Sobre o tema central da reunión, a autovía A-56, Delgado repasou a tramitación dun proxecto “que se reactivou en 2015 logo de varios anos de parálise trala decisión do goberno socialista de non continuar cos in-vestimentos debido á crise”.

Cun só tramo en obras –San Martiño-A Barrela- o avance das obras non foi o desexado, recoñeceu o deputado popular, para quen chegou o momento “de darlle un forte impulso a este proxecto e conseguir que as cantidades presupostadas se executen”.

Lembrou Delgado que tamén hai outras actuacións previstas que com-prometen a execución desta autovía, como o primeiro tramo da variante norte de Ourense –Eireasvedras-Quintela- coa previsión de aprobar o proxecto en xuño e licitar as obras neste ano, así como tamén outros treitos en distintas fases de tramitación como os correspondentes a Quintela-A Casilla e A Casilla-Cambeo.

“A vertebración das comunicacións na Galicia interior pasa necesaria-mente por esta autovía”, dixo pola súa banda Miguel Ángel Viso, que chamou a atención sobre a mellora que suporá ademáis coa conexión co Cantábrico para o transporte de mercadorías”.

Ambos os dous deputados comprometéronse tamén a manter reunións periódicas co grupo de traballo para seguir recollendo información e dar conta dos avances que se rexistren.

O alcalde de Vilamarín, Amador Vázquez, que agradeceu a implicación dos deputados do PP, declarou en nome do resto dos asistentes que elaborarán un documento no que pedirán ao Goberno unha planificación concreta, tanto en tramitación como en consignación orzamentaria, “para que a execución desta autovía non se deteña”.


Suscíbete:
Redes Sociales: