Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

  Celso Delgado: “O PP está a demostrar un absoluto compromiso coa mellora da mobilidade dos ourensáns”

Imprimir ppou - 20-Abril-2018 - 20:13:03 


• O deputado ourensán e presidente da Comisión de Fomento no Congreso participou no foro sobre o presente e futuro das infraestruturas en Ourense organizado pola Xunta local popular.

• Analizou o estado e a evolución das infraestruturas na provincia, “froito dunha efectiva colaboración entre as administracións, con responsabilidade e pensando exclusivamente no interese dos cidadáns e non en siglas partidarias”.

Ourense, 20, abril, 2108

O deputado popular no Congreso, Celso Delgado, defendeu “o máis absoluto compromiso do Partido Popular coa mellora da mobilidade dos ourensáns”, que se está a demostrar cos investimentos en comunicacións, medio ambiente, sanidade e cultura, “froito dunha efectiva colaboración entre as administracións, con responsabilidade e pensando exclusivamente no interese dos cidadáns e non en siglas partidarias”. Así o manfestou no segundo foro organizado pola xunta local do PP e que esta tarde abordou o presente e futuro das infraestruturas en Ourense.
  
  

Celso Delgado incidiu nos beneficios que para os ourensáns supuxo a posta en marcha da liña de alta velocidade entre Santiago e Ourense hai seis anos, así como as comunicacións coa meseta por medio dos trens Alvia e os nostables aumentos no número de usuarios. Neste sentido destacou que a estación de Ourense no ano 2017 foi utilizada por un total de 858.481 viaxeiros, “e o enorme éxito que están tendo os servizos Avant no corredor Ourense-Santiago-A Coruña”, prognosticando que o número de viaxeiros entre Galicia e Madrid crecerá exponencialmente coa posta en marcha do novo treito entre Zamora e Pedralba de la Pradería que acurtará a viaxe en 35 minutos.

Lembrou o deputado os 757 millóns de euros consignados nos orzamentos do Estado para 2018 no corredor ferroviario do noroeste e, máis en concreto, dos 668 millóns para o tramo Olmedo-Lubián-Ourense-Vigo, citando ademais o tramo entre Pedralba e Taboadela, o ramal provisional e a evolución da variante exterior.

En materia viaria Delgado falou en primeiro lugar da importancia para a cidade da circunvalación norte no treito Eirasvedras-Quintela, do que dixo “agardar que o proxecto sexa aprobado no mes de xuño para que podan licitarse as obras no presente ano”. Falou tamén doutras estradas da provincia, como a circunvalación do Barco de Valdeorras, as autovías entre Ourense e Lugo e entre Ourense e Ponferrada. Referiuse tamén á importancia da conexión da A-52 co polígono de San Cibrao “cuxas obras comezarán previsiblemente no verán” e doutras actuacións en Seixalbo, Coles ou na Avenida Otero Pedrayo da capital, subliñando que todos estes proxectos seguen “con maiúsculas” na axenda dos gobernos do Partido Popular.

O deputado ourensán non se esqueceu de falar tamén das actuacións en saneamento e depuración de augas, como a nova EDAR de Ourense que entrou en funcionamento o pasado ano, así como os importantes investimentos da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil no sanemento de depuración do río Barbaña, desde San Cibrao, ademais das actuacións en Velle e nas marxes do Miño.

Delgado puxo en valor os destacados investimentos do Ministerio de Cultura en infraestruturas como a biblioteca pública, pronta xa á súa apertura, así como no Arquivo e no Museo Arqueolóxico, 

O novo bloque hospitalario de Ourense e os novos centros de saúde como o do Couto ou Barbadás, ademais de dotacións comerciais como a completa rehabilitación da praza de abastos de Ourense tamén foron obxecto de comentario por parte do deputado.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: