Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Manuel Baltar: “O futuro do rural pasa por unir tradición e innovación, apli-cando a intelixencia competitiva ás singularidades do territorio”

Imprimir ppou - 18-Abril-2018 - 19:24:54 

• No foro de debate sobre os retos do sector agroalimentario de España

• O presidente do PP de Ourense expuxo no Congreso dos Deputados o proxecto de “Provincia Intelixente”, polo que a Deputación de Ourense ten sido recoñecida pola innovación aplicada á xestión pública.

Madrid, 19, abril, 2108

O presidente do Partido Popular de Ourense e da Deputación provincial, Manuel Baltar, dixo hoxe no Congreso dos Deputados, en Madrid, no marco do foro de debate sobre os retos do sector agroalimentario de España, que o futuro do rural “pasa por unir tradición e innovación, aplicando a intelixencia competitiva ás singularidades do territorio”. Baltar, expuxo no seu relatorio o proxecto de “Provincia Intelixente”, iniciativa pola cal a Deputación de Ourense ten sido recoñecida pola innovación aplicada á xestión pública.

O presidente dos populares ourensáns afirmou que “a base é a provincia, e a partires dela todo se constrúe, porque do territorio provincial nace a organización administrativa e tamén a idiosincrasia de pertenza e identidade dun pobo, algo que desde máis dun século vimos construíndo en España, cada quen coas súas singularidades e fortalezas, pero sempre partindo do máis elemental: o noso”, e destacou que a evolución do rural “ten que ir da man de proxectos que analicen, investiguen e acheguen solucións ás necesidades actuais, como son a demografía, a protección do medio ambiente, ou o desenvolvemento de riquezas na-turais, como o termalismo ou o aproveitamento de ríos en encoros para convertelos en verdadeiras plataformas deportivas que acheguen valor e promoción das comarcas rurais”.
  
  

Manuel Baltar dixo neste sentido que no goberno provincial que preside “puxemos en marcha, coa planificación e a previsibilidade como folla de ruta, proxectos nos ámbitos económicos, de cooperación internacional transfronteiriza e de posta en valor do que supuxo a emigración ourensá e galega como traza de identidade do noso pobo, iniciativas que perseguen seguir elevando o medio rural para recuperar a importancia básica que sempre tivo na nosa provincia”. Baltar destacou, neste ámbito, o Observatorio Económico Provincial, “que periodicamente fai unha diagnose socioeconómica da provincia, favorecendo así a mellor toma de decisións políticas e mesmo empresariais e sociais”.  

Tamén se referiu a iniciativas como a Tarxeta ChegOU, para axudas á natalidade, e no ámbito da internacionalización, ás misións comerciais Ourense-USA; destacando tamén o Plan “Ourense, a provincia termal, que a Deputación desenvolve conxuntamente coa Xunta de Galicia, e o traballo en rede que leva a cabo a institución provincial coa FEMP, coa Asociación Europea de Cidades Históricas Termais e con Partenalia, a rede europea de gobernos provincias. “Iniciativas todas elas que teñen o denominador común de seguir innovando, crecendo e crendo na provincia e no noso rural, berce de todo desenvolvemento”. 

O Foro APAMA 4.0, celebrado hoxe no Congreso dos Deputados, abordou os principais retos do sector agroalimentario en España. Está impulsado polo Grupo Parlamentario Popular desde as comisións de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente e de I+D+I do Congreso, e ten como finalidade debater sobre os desafíos do sector a curto e medio prazo, analizando temas como a auga, a innovación, o envellecemento e a internacionalización.

Ao longo da xornada interviñeron empresarios, agricultores, axentes de desenvolvemento local, gandeiros, comunicadores, emprendedores e representantes políticos e de distintas administracións. Manuel Baltar participou na mesa sobre “territorio e despoboamento, moderada pola periodista y escritora Isabel González del Vado, e na que tamén partici-paron Javier Moliner, presidente da Deputación de Castellón; Francisco Burillo Mozota, director dos Proxectos Segeda e Serranía Celtibérica; Felipe González de Canales, presidente do Instituto de Desarrollo Co-munitario; Chabela de la Torre Olvera, delegada do Proxecto REGTSA; Victor Jolin Garijo, coordinador de Reder, e Benjamín Prieto, presidente da Deputación de Cuenca.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: