Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Os plans de emprego do Goberno ofrecen oportunidades de inserción laboral a máis de 10.200 mozos ourensáns

Imprimir ppou - 12-Abril-2018 - 19:30:48 


• Segundo o informe presentado esta mañá no Congreso pola ministra de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez

• Os datos reflicten tamén un descenso do desemprego xuvenil na provincia, a recuperación de máis de 5.200 empregos trala crise e máis de 80.000 pensionistas que se beneficiarán da suba das pensións.

• O deputado Miguel Ángel Viso destaca que os datos “confir-man que estamos a traballar na boa dirección e que as políticas de emprego postas en marcha polo PP están a demostrar a súa eficacia”.


12 de abril de 2018

A Estratexia de Emprendemento e Emprego Xoven, aprobada polo Goberno en febreiro de 2013 para facilitar a empregabilidade dos mozos, ofrece oportunidades de inserción laboral a 10.259 ourensáns, segundo recolle o informe que sobre emprego e pensións presentou esta mañá ao grupo popular no Congreso a ministra de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez. 

Os datos reflicten tamén un descenso do desemprego xuvenil na provincia que alcanza o 11,5 % anual, cando en decembro de 2011 era de case que dez puntos menos. En comparación con esta mesma data, hoxe hai 1.311 menores de 25 anos fora das listas de desemprego e 144 menos no último ano.

O informe tamén sinala a positiva evolución do emprego na provincia, onde se recuperaron 5.221 postos de traballo destruídos durante a crise, contabi-lízanse 7.900 parados menos no último ano e cun ritmo de reducción do paro do 30,7 %. 

Este documento inclúe tamén unha análise das pensións na provincia, que reflicte que máis de 80.000 ourensáns beneficiaranse dunha suba de entre o 3 % e o 1 %, segundo a cualificación das pensións, sen esquecer que máis de 3.300 nais se benefician do complemento de maternidade, cifra que alcanzará as 6.000 no ano 2019.

Para o deputado ourensán, Miguel Ángel Viso, que asistiu á presentación deste informe, “os datos confirman que estamos a traballar na boa dirección e que as políticas de emprego postas en marcha polo PP están a demostrar a súa eficacia”.

“Non cabe dúbida de que nos gustaría que o investimento social previsto no proxecto orzamentario de 2018 puidese estar xa recollido en 2011, cando o PP chegou ao Goberno, pero estamos a ver como a nosa estratexia está a dar os seus resultados, aínda que quede moito camiño por percorrer”, en-gadiu o deputado.

Estes son, en detalle, os datos referidos á provincia de Ourense que figuran no informe presentado esta mañá no Congreso.

Mozos (Datos do ministerio)
1.311 menores de 25 anos parados menos que en decembro de 2011.
144 menores de 25 anos parados menos que hai un ano.
• En decembro de 2011, o desemprego xuvenil reducíase un 1,6 % anual. Agora alcanza o 11,5 %.
• A Estratexia de Emprendemento e Emprego Xoven e a Garantía Xuvenil ofrecen oportunidades laborais a 10.259 ourensáns.

Autónomos, pemes e emprendedores
• Tarifa plana de 50 euros: 2.456 beneficiarios.
3.961 persoas asinaron un novo contrato indefinido de apoio a empren-dedores para pemes e autonómos.

Desemprego (EPA)
9.500 parados menos que en decembro de 2011.
No último ano o número de parados reduciuse en 7.900 persoas.
• En decembro de 2011, o número de parados crecía un 12,8 % anual e agora redúcese un 30,7 %.

Creación de emprego (EPA e ministerio)
• No último ano aumentou o número de ocupados en 4.400 persoas.
• En decembro de 2011 destruíase ao ano un 0,6 % do emprego. Agora créase emprego cunha taxa interanual do 4,1 %.
• En decembro de 2011, a contratación indefinida reducíase a un ritmo anual do 7,6 %. Agora aumenta cunha taxa interanual do 13,3 %.
Recuperáronse 5.221 dos empregos destruídos durante a crise.

Pensións
• Páganse 108.653 pensións. A pensión media de xubilación é de 745,23 euros, un 15,8 % máis altas que a finais de 2011.
3.328 nais benefícianse do complemento de maternidade nas súas pen-sións (ata un 15 %). Neste ano percibirán este complemento 1.700 novas mulleres e no 2019 serán un total de 6.000.
• As pensións non contributivas subirán un 3 %, con 5.661 beneficiarios.
• As mínimas tamén subirán un 3 %, con 41.623 persoas.
• As pensións de ata 700 euros (9.800 anuais) subirán un 1,5 % con 21.509 beneficiarios.
• As pensións entre 700 e 860 euros (12.040 anuais) subirán un 1 % con 7.365 persoas.
• A base reguladora da pensión de viudedade sube do 52 ao 54 %: 3.900 persoas.


Suscíbete:
Redes Sociales: