Noticias
Blog
O "Taller de Ideas" organizado polo Partido Popular de Ourense convocou a centos de ourensáns que se deron cita no Café Xesteira para aportar propostas de futuro para mellorar o municipio de Ourense. O acto contou coa presenza do candidato a Alcalde, Rosendo Fernández; o presidente provincial Manuel Baltar; o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, militantes, simpatizantes, cargos populares e ducias de cidadáns que se achegaron para ofrecer as súas ideas para facer Ourense entre todos.
Durante tres horas desenvolveuse esta iniciativa popular, unha convocatoria pública e aberta ás veciñas e veciños do municipio de Ourense que tiña como obxectivo recoller as propostas dos cidadáns para elaborar o Programa Electoral das vindeiras eleccións municipais coa finalidade de facer "Ourense entre todos".

Dado o éxito deste primeiro "Taller de Ideas" e a gran afluencia de público, o PP de Ourense traballa xa para repetir esta iniciativa noutros barrios da capital ourensá así como no resto da provincia, convocando sempre en actos públicos, abertos a todos, aos cidadáns para contar coa súa colaboración, de cara a facer un programa electoral feito entre todos e para todos.