Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 O grupo popular aposta pola creación en Ourense do centro de interpretación da Vía da Prata-Camiño Mozárabe

Imprimir ppou - 12-Abril-2018 - 12:41:58 


  • A apertura deste espazo na capital da provincia, declarou o deputado de Cultura, Manuel Doval, “serviría como pulo ao atractivo turístico que xera este camiño, sobre todo de cara ao Xacobeo do 2021, e que pon en valor o patrimonio histórico, cultural e natural de todas as zonas ourensás polas que discorre”.
  
Ourense, 12 de abril de 2018.- A Deputación de Ourense quere liderar a posta en marcha do centro de interpretación da Vía da Prata-Camiño Mozárabe, polo que pedirá á Xunta de Galicia que inclúa nas accións de goberno que proxecte de cara ao Xacobeo 2021 a creación deste espazo na capital da provincia. Esta é a proposta que o grupo provincial popular levará ao pleno de abril “como pulo ao atractivo turístico que xera este camiño e que pon en valor o patrimonio histórico, cultural e natural de todas as zonas ourensás polas que discorre”, declarou o deputado de Cultura, Manuel Doval.

Ourense, explicou o deputado, “é unha parte fundamental da Vía da Prata, o trazado de peregrinación máis longo de Galicia, pois é a porta de entrada a terras galegas e atravesa 28 concellos da nosa provincia, desde A Mezquita ata Piñor”.

Para Doval, a celebración do próximo Ano Xacobeo, no 2021, preséntase como unha gran oportunidade para impulsar a promoción deste camiño, “sendo o punto de partida a creación do centro de interpretación, que ofrecería a peregrinos, turistas e visitantes en xeral un espazo para o coñecemento en profundidade dun trazado que atravesa durante preto de 1.000 quilómetros toda a parte meridional da xeografía española, percorre oito provincias e catro ciudades que son Patrimonio da Humanidade”.

A proposta do grupo provincial popular situaría este centro no entorno do casco histórico da capital, facilitando a Deputación unhas axeitadas instalacións que, ademais, servisen para desenvolver toda clase de actividades que axuden a difundir este itinerario de peregrinación, o único de relevancia que carece en Galicia dun centro destas características.

A súa ubicación en Ourense, incidiu Manuel Doval, “axudaría, sen dúbida, a desenvolver accións de conservación, difusión e posta en valor deste camiño ao seu paso pola provincia, o que tamén tería a súa repercusión na actividade económica dos municipios que atravesa”.


Suscíbete:
Redes Sociales: