Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O grupo popular presentará no pleno de abril unha proposta para a creación dunha base da UME en Ourense

Imprimir ppou - 11-Abril-2018 - 16:40:19 


  • Unha unidade deste tipo, sinalou o vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, permitiría “unha rápida intervención nunha das zonas máis castigadas polos incendios forestais e cunha extensa liña fronteiriza con Portugal, ademais de facilitar a intervención en calquera punto de Galicia en pouco máis dunha hora”.
 
Ourense, 11 de abril de 2018.- O grupo do Partido Popular na Deputación presentará no pleno de abril unha proposta para a creación dunha base da Unidade Militar de Emerxencias (UME) na provincia de Ourense, “por se tratar dunha das zonas máis castigadas polos incendios forestais, pola súa extensa liña fronteiriza con Portugal e a estratéxica situación da provincia, a pouco máis dunha hora de calquera punto da comunidade”, explicou o vicepresidente primeiro da institución, Rosendo Fernández.

Unha base da UME na provincia, engadiu, “non só facilitaría unha intervención inmediata en situacións de emerxencia, senón que tamén tería outro tipo de implicacións”. Nesta liña, dixo, o seu emprazamento na provincia tería outras vantaxes, tanto de tipo social como económicas, polo elevado número de persoas que integra cada batallón e as necesidades loxísticas do mesmo. Por todas estas razóns, manifestou Rosendo Fernández, “a institución provincial prestará toda a súa colaboración a través dos seus servizos técnicos na procura da mellor ubicación posible”.

A proposta de creación dunha base da UME está avalada por dous aspectos de relevancia. O primeiro deles polo emprazamento en León, no municipio de San Andrés del Rabanedo, da base militar “Conde de Gazola”, que acolle o Quinto Batallón de Intervención en Emerxencias (BIEM V), con preto de 700 militares e cuxa zona de acción inclúe a Ourense, a máis de tres horas de distancia.

En segundo lugar, detallou Fernández, este batallón realizou o pasado no 25 intervencións na comunidade galega, “das que preto do 60 % corresponderon á provincia de Ourense, fundamentalmente como apoio na extinción de incendios forestais e con especial participación na vaga de lumes de outubro, chegando a ter unha base loxística temporal en Viana do Bolo”.

Ademais, apuntou, este tipo de unidades non só actúa en caso de incendios forestais senón tamén noutros casos de emerxencias habituais en Galicia como os provocados por inundacións ou grandes nevaradas, “razón de máis para ter unha base da UME a pouco máis dunha hora de calquera punto da nosa comunidade”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: