Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Manuel Baltar subliña que a convención nacional do PP celebrada en Sevilla reflicte “a unidade, o rigor e un proxecto serio para España”

Imprimir ppou - 08-Abril-2018 - 14:46:52 

  • O presidente provincial amosou a súa satisfacción pola activa participación da delegación ourensá nos relatorios e debates, destacando “as aportacións da comisaria para o reto demográfico, Miri Barreira, para a inclusión deste tema na axenda política”.

Ourense, 7 de abril de 2018.- “Coa mirada posta nas persoas para seguir crecendo como país, o Partido Popular reflectiu a unidade, o rigor e a capacidade de desenvolver un proxecto serio para España”. Así valorou o presidente provincial do PP, Manuel Baltar, a convención nacional popular celebrada esta fin de semana en Sevilla e na que participou unha delegación ourensá integrada por unha trintena de cargos do partido.

  
  
Manuel Baltar subliñou o traballo realizado nestes tres días, “onde a xeración de emprego e os servizos sociais compartiron protagonismo coa aposta polo medio rural, o emprendemento e a innovación tecnolóxica.

O presidente provincial amosou a súa satisfacción pola activa participación da delegación ourensá nos diversos relatorios e debates, destacando “as aportacións da comisaria para o reto demográfico, a ourensá Miri Barreira, para a inclusión deste importatísimo tema na axenda política”.

En clave nacional, Baltar personalizou en Mariano Rajoy “un proxecto ambicioso de país, capaz de conseguir a recuperación económica e a estabilidade institucional”.

Unha  trintena de cargos do Partido Popular de Ourense, entre membros natos e electos, integraron a delegación ourensá que acudiu á convención nacional popular celebrada en Sevilla, na que representantes de todos os territorios de España contribuíron con debates de vanguarda a enriquecer o proxecto de país.

A convención nacional do Partido Popular é un órgano de natureza consultiva que se celebra todos os anos, agás cando coincide coa celebración do congreso xeral, e ten como obxectivo avaliar, facer análise e orientar as estratexias e políticas da organización.
 
Manuel Baltar afirmou que esta cita permitiu tamén demostrar que “seguimos tomando o pulso da cidadanía e liderando a iniciativa política para responder as demandas da veciñanza”.



(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: