Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Os Orzamentos Xerais do Estado de 2018 sitúan a Ourense como a segunda provincia española en investimento en ferrocarrís con 414,72 millóns de euros

Imprimir ppou - 03-Abril-2018 - 19:29:11 

• Os investimentos previstos no proxecto orzamentario alcanzan os 448,53 millóns, dos que 32,79 corresponden aos ministerios e 415,74 a sociedades públicas.

• ADIF destinará aos tramos ourensáns da liña de alta velocidade Olmedo-Lubián-Ourense 406,7 millóns de euros, dos case que 663,1 que se investirán en total neste proxecto.

• En estradas destaca o impulso ás autovías A-76 e A-56 (variante Norte e San Martiño-A Barrela), así como á circunvalación do Barco de Valdeorras.

• O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte destina a totalidade do seu orzamento en Galicia, 3,4 millóns de euros, aos proxectos ourensáns do Arquivo, a Biblioteca e o Museo Arqueolóxico.

Ourense, 3 de abril de 2018.- O compromiso do goberno de Mariano Rajoy coa conexión ferroviaria de alta velocidade entre Galicia e a meseta “queda perfectamente reflectido no proxecto dos Orzamentos Xerais do Estado para 2018, onde Ourense se sitúa como a segunda provincia de España en investimento en ferrocarrís con máis de 414 millóns de euros”.

Esta é a valoración que os deputados ourensáns Miguel Ángel Viso, Celso Delgado e Ana Belén Vázquez fan do proxecto orzamentario presentado esta mañá no Congreso e no que se observa ademais o claro impulso ás autovías A-76 (Ponferrada-Ourense) e A-56 (Ourense-Lugo) “nunha clara aposta por mellorar as comunicacións coa comarca de Valdeorras e co norte de Galicia”.

En total, o Estado prevé un investimento total na provincia que alcanza os 448,53 millóns de euros, dos que 32,79 corresponden aos ministerios e 471,13 a sociedades públicas.

Resumo de investimentos dos ministerios: 32,79 M€
• Fomento: 19,24 M€
• Educación e Cultura: 3,4 M€
• Agricultura-Medio Ambiente: 9,76 M€
• Facenda: 359,12 €
• Enerxía: 19,48 €


Resumo de investimentos das sociedades públicas: 415,744 M€
• Adif-Alta Velocidade: 410,22 M€
• Adif: 2,80 M€
• Renfe: 1,64 M€
• SEPI: 1,07 M€


Grupo Fomento

No proxecto dos OXE de 2018 destaca o gasto total previsto do Grupo Fomento na provincia, con 439,83 millóns de euros, que coloca a Ourense na terceira posición do Estado cun 141,8 % (257,93 M€) por encima da media por provincias.

Se temos en conta o gasto por persoa, Ourense sube ata a segunda posición con 1.411,54 euros por habitante residente na provincia. Tomando en consideración o PIB, Ourense ocupa a primeira posición no ranking por provincias cunha cantidade de 82,08 euros por cada 1.000 euros de PIB da provincia.

No tocante ao investimento real do Grupo Fomento, a Ourense recibirá 433,92 millóns de euros, de tal xeito que se sitúa como a terceira provincia española cun 201,5 % (289,98 M€) por encima da media

En comparación con 2017, o investimento real en estradas aumenta un 2,4 % (0,44 M€), pasando dos 18,05 millóns no pasado exercicio a 18,48 millóns neste ano.

O investimento real en ferrocarrís será de 414,72 millóns, situando a Ourense na segunda posición do ranking provincial, o que supón un 446,9 % (338,89 M€) por encima da media.

Tomando como referencia o PIB, Ourense ocupa a primeira posición en investimento na infraestrutura ferroviaria con 77,39 euros por cada 1.000 de PIB da provincia. Se a referencia é o número de habitantes residentes na provincia entón Ourense ocupa a segunda posición do ranking con 1.330,96 euros por persoa.


Principais actuacións

Estradas 
O Goberno destina 18,5 millóns de euros para investimentos reais. Por capítulos compre apuntar:

• Obras
- Na autovía A-56 está previsto licitar as obras do primeiro tramo da variante norte de Ourense, Eirasvedras-Quintela, con 2,50 millóns de euros.

- Para a autovía A-76 haberá unha partida de 3 millóns de euros para completar o proxecto e, unha vez aprobado, licitar as obras correspondentes ao tramo A Veiga de Cascallá-O Barco de Valdeorras.

- Destínanse 3 millóns para licitar as obras de conexión da N-120 coa N-536 no Barco de Valdeorras.

- Na provincia de Lugo, pero xa nas proximidades de Ourense, hai consignados 10,76 millóns de euros para a autovía A-56, tramo San Martiño-enlace de A Barrela.

• Estudios e proxectos
- Avanzar na redacción do proxecto do tramo Requejo-A Veiga de Cascallá, pertencente á autovía A-76 (Ponferrada-Ourense).

• Conservación e seguridade vial
Para o mantemento e mellora da seguridade vial destínanse 9,15 millóns a investir en: 

- Rehabilitación do firme na A-52, na N-525, na N-120 e na N-536 en diversos tramos.

- Sendas peonís en Razamonde.

- Mellora da seguridade vial na intersección de Ribela, na N-525 (p.k. 244,36) no municipio de Coles.


Ferrocarrís
O investimento na provincia de Ourense será de 414,7 millóns de euros. Neste apartado compre destacar que:

• Seguirán as obras da liña de Alta Velocidade a Galicia no tramo Olmedo-Lubián-Ourense cunha dotación total de 663,1 millóns (incluye Adif, AV e SEITT). O investimento en Ourense será de 406,7 millóns.

• Adicionalmente prevese unha partida para a variante de Ourense de 3 millóns.

• Continuarase coa fase de planificación da nova liña Ourense-Vigo por Cerdedo ata completar a súa tramitación ambiental. No orzamento de Adif-AV figura unha dotación total de 1 millóns de euros. O investimento previsto na provincia será de 0,6 millóns.

• Inclúese unha dotación para el estudo da LAV Ourense-Lugo.

• O orzamento do Adif contempla 2,8 millóns para, principalmente:
- A supresión de pasos a nivel (0,5 M€).
- Mellora da permeabilidade do treito do ferrocarril en Ourense con actuacións na ponte de Tarascón e no paso inferior de Ramón Puga (0,6 millóns).
- Implantación de ASFA dixital (0,2M€).
- Melloras na liña Zamora-A Coruña (0,4 M€)

O orzamento de RENFE contempla un investimento total de 1,6 millóns de euros na provincia para a realización de actuacións de mellora da seguridade na circulación, actuacións sobre material existente, grandes reparacións, compra de material, accesibilidade en trens, talleres, estacións e sistemas de información e venda.


Vivenda e arquitectura (Programa de rehabilitación arquitectónica)
Prevese un investimento do Ministerio de Fomento de 710.290 euros nas seguientes actuacións:

• Recuperación e restauración de panda norte e sur do Claustro de Hospedería no Mosteiro de Melón. Do custo total de 1.505.270 euros, no exercicio de 2018 investiranse 429.880.

Igrexa de Santa Comba de Bande con 280.410 euros.


OSP e subvencións ao transporte
O Ministerio de Fomento destinará en 2018 máis de 60,6 millóns para o financiamento dos servizos ferroviarios declarados Obrigas de Servizo Público (OSP) en Galicia.

En Galicia, os billetes dos servizos ferroviarios de media distancia e cercanías declarados OSP subvenciónanse en máis dun 70 % pola Administración Xeral do Estado, chegando a máis dun 90 % nos servizos de media distancia na rede de ancho métrico.


Educación, cultura e deporte
Os OXE do 2018 rexistran tamén 1,5 millóns para o Arquivo Provincial, 1,5 millóns para a Biblioteca Pública do Estado e 400.000 euros para o Museo Arqueolóxico da cidade. Resaltar que o orzamento íntegro investidor deste ministerio en Galicia, 3,4 millóns, destínase a Ourense.


Medio ambiente
Tamén son moi importantes os investimentos que realiza a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil que ascenden a 8,4 millóns. Para a Confederación Hidrográfica do Douro hai un investimento de 351.000 euros. 



Consideracións xerais sobre os orzamentos

Estas contas serán decisivas para seguir avanzando cara ao obxectivo de alcanzar os 20 millóns de empregos e para que este ano se reduza o déficit público por baixo do limiar do 3 % do PIB. 

O proxecto de Lei de Orzamentos volve ter unha clara vocación social, en sintonía co que sempre foi a política orzamentaria do Goberno desde o ano 2012. Neste caso inclúense entre outras novidades como unha rebaixa do IRPF para rendas baixas; unha subida das pensións mínimas e de viuvez que beneficiará a case seis millóns de persoas; o incremento salarial para os funcionarios con revisións anuais na que a súa parte variable vincúlase ao crecemento do PIB; unha maior oferta pública de emprego, vinculada tamén ao cumprimento de obxectivos por parte das administracións públicas; a equiparación salarial das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado; máis diñeiro para os servizos públicos fundamentais das comunidades autónomas; un aumento na partida de bolsas para estudantes; e a rebaixa do IVE do cinema.

Os orzamentos recollen unha inxección de 2.000 millóns de euros a través de rebaixas no IRPF ás rendas máis baixas, que van desde deducións por gastos de gardería, discapacidade ou familia numerosa, ata a elevación do umbral de tributación ata os 14.000 euros ou o incremento da redución da tributación para as rendas do traballo, e que beneficiarán a máis de 3,5 millóns de traballadores.

Así mesmo, destacar a suba de ata un 3 % das pensións, que beneficiará a 82.000 pensionistas ourensáns (o 75 % de 108.000) e a suba importante dos salarios dos empregados públicos, pactada cos sindicatos.






Suscíbete:
Redes Sociales: