Noticias
Blog
Os populares ourensáns analizan a situación actual e futura da sanidade en Galicia
• A xunta directiva do Partido Popular reuniuse esta tarde coa presenza Jesús Vázquez Almuíña, membro do comité executivo do PPdeG.
Ourense, 14 de marzo de 2018.- A situación actual e as perspectivas de futuro da sanidade galega foi o eixo da reunión que esta tarde mantivo a
xunta directiva do Partido Popular de Ourense, no marco dos encontros convocados polo órgano de goberno da formación para analizar a prestación dos servizos públicos.
Con este obxectivo, o PP ourensán está a convidar a membros do comité executivo do PPdeG con ampla experiencia en cada un dos temas, sendo nesta ocasión o relator Jesús Vázquez Almuíña.
O presidente provincial, Manuel Baltar, subliñou que esta reunión “a número 18 da xunta directiva, demostra que xa estamos a traballar nun novo proxecto de provincia, escoitando a especialistas en cada materia e traducindo ese coñecemento en propostas de goberno”.