Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Ana Belén Vázquez, nomeada portavoz da nova comisión do Modelo Policial no Congreso

Imprimir ppou - 13-Marzo-2018 - 18:57:05 


• O novo órgano encargarase de estudar a reforma dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado.

Ourense, 13 de marzo de 2018.- A deputada popular ourensá, Ana Belén Vázquez, será a portavoz da comisión do Modelo Policial do Congreso, órgano de nova creación que entre outros labores encargarase de analizar e propoñer a reforma dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado. Así o anunciou hoxe a secretaria xeral do Partido Popular e ministra de Defensa, María Dores de  Cospedal, durante a reunión do grupo parlamentario popular.

Con carácter non permanente e lexislativo, a comisión do Modelo Policial, aínda non constituída, terá como finalidade estudar todas as leis que afectan os corpos da Policía Nacional, Garda Civil, policías locais e  vixilancia aduaneira e portuarias, co obxectivo de expor unha reforma do actual deseño policial en España.

Con este nomeamento, Vázquez centrará o seu labor no Congreso no ámbito policial e de seguridade, xa que na actualidade tamén é portavoz adxunta da comisión mixta de Seguridade Nacional e vogal da comisión de Interior. Ata hoxe tamén ocupaba a vicepresidencia primeira da comisión de Dereitos da Infancia e Adolescencia, na que a partir de agora será vocal.

A deputada ourensá será, ademais, a encargada de preguntar ao ministro de Interior, Juan Ignacio Zoido, sobre o acordo de equiparación salarial alcanzado cos sindicatos e asociacións da Policía Nacional e Garda Civil, durante a sesión de control ao Goberno no Congreso.


Suscíbete:
Redes Sociales: