Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O grupo popular pedirá na Deputación o apoio á unha iniciativa en defensa do Centro Galego de Bos Aires

Imprimir ppou - 09-Marzo-2018 - 11:12:07 


• Nunha segunda moción presentada para o pleno ordinario de marzo, o PP proporá a elaboración dun catálogo de localizacións para promocionar a provincia como escenario de produccións audiovisuais.

Ourense, 9 de marzo de 2018.- O grupo popular pedirá o apoio da corporación provincial a unha iniciativa en defensa do Centro Galego de Bos Aires, lastrado por unha gran débeda económica, intervido polo goberno arxentino desde 2012 e, agora, pendente dunha posible venda, “o que supoñería a perda dun símbolo identitario da Galicia universal”, sinala o texto da moción que se presentará ao pleno ordinario de marzo. 

Os populares pedirán o apoio a un manifesto asinado en Rianxo o pasado 29 de xaneiro por destacadas personalidades dos ámbitos social, cultural e académico de Galicia, coincidindo co 132 aniversario do nacemento de Alfonso Rodríguez Castelao.

O manifesto destaca o significado que ten o Centro Galego de Bos Aires na historia da emigración e o enorme legado que con moito esforzo e sacrificio deixaron varias xeracións de emigrantes, que cos seus propios cartos adquiriron en 1917 a actual sede. Un centro no que se prestaba atención social, laboral e sanitaria aos milleiros de galegos que chegaron a Arxentina desde finais do século XIX e durante a primera metade do XX.

Segundo o texto da moción “a emigración forma parte da historia, a cultura e o sentimento dos ourensáns, que a milleiros puxeron rumbo cara a Arxentina”, polo que agora e diante da grave situación na que se atopa este centro pedirá que a Deputación de Ourense exprese o seu apoio ao manifesto pola súa defensa e porvir, ademais de dar conta do acordo da corporación provincial á Xunta de Galicia, ao Parlamento Galego e ao Ministerio de Asuntos Exteriores español.

Ourense, escenario da industria audiovisual
Os populares tamén presentarán unha segunda proposta no pleno previsto para o 23 de marzo, para a elaboración dun catálogo de localizacións co obxectivo de promocionar a provincia como escenario de produccións audiovisuais, no marco dunha corrente denominada “turismo cinematográfico” e que move 40 millóns de turistas internacionais cada ano. 

Segundo os expertos neste ámbito, un 30 % dos turistas visita un lugar que lles chamou a atención por velo en cinema ou televisión, medios que ofrecen vantaxes sobre a promoción turística convencional ao posuír un impacto máis directo e emocional no espectador.

Cunha riqueza paisaxística e patrimonial de primeira orde para ofrecer todo tipo de localizacións, tanto exteriores como interiores, Ourense xa ten sido escenario de importantes produccións de cine, series de televisión de éxito e videclips de grandes artistas.

Así, o grupo popular planteará ao pleno a elaboración do citado catálogo, co asesoramento de profesionais do sector e que, xunto coas localizacións, inclúa todos os servizos e recursos necesarios para calquera produción que podan atopar na provincia. O documento promocionaríase organizando unha visita de profesionais da comunicación, produtoras e empresas vencelladas ao mundo do cine e da televisión, ademais de incluílo nas edicións de 2019 da ICC Week e do Festival de Cine Internacional de Ourense.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: