Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Exemplo de hixiene democrática en Calvos de Randín

Imprimir ppou - 03-Febreiro-2011 - 19:20:12 

O presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, considera que os concelleiros que asinaron a moción de censura en Calvos de Randín "deron un exemplo de hixiene democrática retirando a iniciativa". O alcalde socialista de Calvos de Randín incumpriu durante tres anos reiteradamente a normativa, e desprezou as resolucións xudiciais, converténdose nun referente noxento de actuación política. O alcalde socialista Aquilino Valencia leva tres anos sen convocar plenos, sen orzamento e sen vergoña. O PP advirte que este longo proceso de resistencia ao estado de dereito por parte do alcalde socialista serviu para comprobar a catadura moral de Aquilino Valencia e a súa actitude de "aferrarse ao poder a calquera prezo". De celebrarse hoxe a moción de censura, e segundo resolveron hoxe mesmo as instancias xudiciais, esta prosperaría porque se aplicaría a normativa vixente en 2008. Consecuentemente isto traería consigo a elección dun novo alcalde. Sen embargo, os concelleiros asinantes daquela moción decidiron retirala para amosar o seu compromiso co futuro de Calvos de Randín. O PP gañará o goberno local de Calvos de Randín nas urnas o vindeiro 22 de maio de 2011.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: