Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Ana Belén Vázquez defende no Congreso unha proposta do PP para a prevención de ataques bioterroristas

Imprimir ppou - 07-Marzo-2018 - 13:52:38 


• A deputada ourensá presentou na Comisión de Seguridade Nacional unha emenda popular, approbada por unanimidade, na que se fai especial mención á posibilidade de utilizar o virus da varíola contra a poboación.

Ourense, 7 de marzo de 2018.- “O risco que supón o uso de materiais biolóxicos por parte de organizacións terroristas debe levarnos a tomar todas as medidas posibles de prevención”, afirmou esta tarde a deputada ourensá Ana Belén Vázquez durante a súa intervención na comisión mixta de Seguridade Nacional, da que forma parte. Vázquez foi a encargada de defender unha emenda do Partido Popular á proposición non de lei do grupo parlamentario mixto sobre a política de prevención de ataques  bioterroristas co virus da varíola.

  
  
A deputada ourensá subliñou os riscos dun ataque destas características debido a que unha gran parte da poboación non está vacinada fronte á varíola, ao estar erradicada desde 1980. “As vacinas, das que España conta con máis de dous millóns de doses, son o método máis eficaz e barato de protección fronte a un axente de alta virulencia, rápida transmisión e tardía detección”, advertiu.

Vázquez, que defendeu a emenda popular como mellora técnica da proposta do grupo mixto, expuxo varias iniciativas como impulsar desde o Consello de Seguridade Nacional unha estratexia nacional contra a ameaza bioterrorista, incorporar este capítulo aos informes anuais de seguridade nacional, revisar e actualizar o inventario de medios estatais fronte a un ataque con axentes biolóxicos, en especial coa varíola, e a posta en marcha dun Plan Nacional de Biocustodia para controlar e protexer todas aquelas instalacións nas que se manexen este tipo de axentes.



(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: