Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 A xunta local do PP recoñece a loita pola integración laboral das persoas discapacitadas no seu segundo premio pola igualdade

Imprimir ppou - 07-Marzo-2018 - 13:51:44 


• Os populares ourensáns premiaron á moza ourensá Verónica Pardellas como exemplo de constancia logo de 14 anos formándose e traballando en diversos sectores.

Ourense, 7 de marzo de 2018.- Con motivo da celebración do Día da Muller, a xunta local do Partido Popular de Ourense fixo entrega hoxe do segundo premio pola Igualdade, que nesta edición foi para a moza Verónica Pardellas Soto “como exemplo de constancia e loita pola integración no mundo laboral das persoas discapacitadas”, dixo en nome da organización deste acto a presidenta da comisión de igualdade do PP, María Antonia Rilo.

  
  
Verónica, tras rematar en 2003 os seus estudos no IES O Ribeiro, leva 14 anos formándose e traballando en diversos ámbitos e sectores como o forestal, agrícola, servizos e hostalaría e na actualidade está a preparar oposicións para a Xunta de Galicia. “Teño unhas enormes ganas de traballar e despois de todos este anos sei que nunca deixarei loitar pola igualdade”, dixo a premiada, que agradeceu “o enorme apoio que sempre atopei na Asociación Down Ourense para conseguir as miñas metas”.

Na entrega do galardón, que tivo lugar no transcurso dunha comida, tamén interviron Amparo González, vicesecretaria de política social e igualdade da xunta popular local, Mila Sierra como membro da comisión de igualdade, e Jesús Vázquez, presidente da xunta local do PP na cidade, ademais da citada María Antonia Rilo. No acto tamén participou o cantautor ourensán Emilio Rúa, que interpretou varias das súas composicións.


Suscíbete:
Redes Sociales: